martes, 22 de febrero de 2011

O ENTROIDO ACHÉGASE...

Cada vez queda menos para celebrar o entroido!!! xa temos moitas ganas, hoxe estivemos vendo as telas, tocándoas... (algún de nós dixo que lle gusta máis o fieltro que o raso, concretamente que lle gusta máis a "tela seca"jajaja). Como este ano as familias nos ides axudar, resúltanos mooooito máis complicado manter o segredo entón, como xa saberedes, no colexio decidimos que a temática común sexan "os contos" e nós imos ir de brancaneves, que serán as profes, e os ananiños, que seremos nós. Mañá xa levamos o material para a casa e...mans á obra! imos ir chulísimos! MOITAS GRAZAS FAMILIAS!!!! (E Á NOSA DESEÑADORA EN PARTICULAR, POR SUPOSTO!)

5 comentarios:

  1. no,no ,gracias a ti por poñermo tan facil!!! e non ter que andar buscando disfraces, telas... e rompendome a cabeza!!

    ResponderEliminar
  2. Alégrome moito!!!é de valorar a túa opinión, porque ó fin e ó cabo é moi dificil contentar a todos, ó mellor outras familias preferían mercar, ou de bolsa como o ano pasado... Nós pensamos que desta forma poderían quedar chulos e resultar relativamente fácil para todos. Grazas outra vez! de todas formas o dito, se tedes calquer problema pedide axuda!

    ResponderEliminar
  3. Eu tamén levei unha grata sorpresa, porque xa me vía por ahí correndo buscando telas e demais, e cando vin que estaba todo preconfeccionado,¡ que alegría¡ a verdade que quedei supercontenta. Grazas por facilitarnos o traballo. Ademais o disfrace está logradísimo, ja,ja, con esas botas taaaan grannnndessss, que os meus nenos parecen os enaniños auténticos....

    ResponderEliminar
  4. Bueno, a ver si dunha vez consigo publicar o comentario... e que é a primeira vez e algo estou a facer mal. Eu tamén levei unha grata sorpresa cos disfraces, xa me vía correndo dun lado para outro buscando teas, e cando vín que estaba preconfeccionado ¡Que alegría levei¡. Grazas por facilitarnos o traballo. Ademais están guapísimos, e con esas botas taaaann enooooormeeeeesss, ja,ja , parecen os auténticos enaniños do conto..

    ResponderEliminar
  5. ola!!! non te preocupes, seguro que che saiu unha mensaxe avisándote de que o teu comentario estaba pendiente de revisión... é un trámite, para evitar comentarios indesexados, simplemente o teño que aceptar, e despois, como ves, xa se publica.
    Alégrome un montón de que estedes contentas cos disfraces, e de que vos parecesen doados de facer!aiii! que ben o imos pasar!!!! GRAZAS!

    ResponderEliminar