miércoles, 29 de abril de 2015

EN CARNOEDO AXUDAMOS TODOS!!!

Estes días andamos en obras no exterior do cole. Como levábamos moitos anos con problemas co areeiro (as amigas abellas, en canto chegaba o calor, facían alí a súa festa) pois estannos a facer un novo, máis de regalo un horto!!!

Hoxe no recreo vimos que estaban a traballar os obreiros e como non, ofrecimos a nosa axuda. Debeu de ser que viñamos de comer a merenda que o fixemos con moita ansia!!!




jueves, 23 de abril de 2015

MODELAMOS





A semana pasada estivemos modelando cun material que nos encanta, a pasta endurecible ó aire. En ocasións pasadas, xa a empregamos pero era de cor. Esta vez, é branca, polo que tivemos que esperar a que secase para dárlle a cor que queriamos. Traballar con ela é unha experiencia en sí! está blandiña e moiiiii fría.....