sábado, 30 de abril de 2011

camiñando pola igualdade




Esta semana tivemos unha visita moi especial. Tivemos unha sesión de "camiñando pola igualdade" na que nos ensinaron que todos somos iguais, erradicando as diferenzas de xénero. Así, aprendimos que igual que hai homes policías, bombeiros, médicos...tamén son profesión de mulleres e, como non, que os papás tamén deben traballar nas tarefas do fogar! a verdade é que nós non temos problemas para entender isto, pero a sociedade na que vivimos ás veces confúndenos un pouco coas súas mensaxes...loitemos por que isto cambie!

CUMPLE DE IAGO

O venres celebramos o cumple de Iago, aunque xa foi o día 18, pero como estabamos de vacacións fixémolo á volta. Como era un día especial, xogamos a un dos nosos xogos preferidos, o xogo das cadeiras. Despois, Iago trouxonos unha riquísima merendola...que ben o pasamos!










PARABÉNS IAGO!!!

miércoles, 27 de abril de 2011

coidamos o medio cos pitufos



Como xa sabedes, apuntámonos nun concurso sobre os coidados do medio ambiente. Tiñamos que aportar o noso gran de area, facéndoo da man duns pequenos e simpáticos personaxes, os pitufos. Non foi tarefa doada de facer! primeiro tivemos que saber qué é o medio ambiente, despois fixemos unha choiva de ideas sobre cómo coidalo e finalmente, grazas á exposición que temos nos corredores do cole, centrámonos na reciclaxe. Aprendimos qué tipo de lixo vai a cada contedor, e ocurriusenos relacionalos cos pitufos. Así, rotulamos os contedores novos que temos no patio. Esperamos que vos gusten e que o noso traballo vos sirva á hora de selecionar o lixo!

jueves, 14 de abril de 2011

twister de formas

André contounos que onte xogou ó twister. A nós tamén nos apeteceu, pero o problema era que non tiñamos o xogo...como nada se nos resiste, puxemos o inxenio a traballar e... fixemos un no chan con xiz!no lugar de ser de cores, era de formas...qué ben o pasamos! pena que á profe se lle acabase a batería da cámara e non poidades ver todo o xogo. Outro día será...

OS NOSOS BROCHES

Como lembraredes, no entroido utilizamos esa tea tan suaviña chamada fieltro. Pois ben, como a nós gústanos reciclar, e quedáronnos uns cachiños, pensamos que poderiamos facer uns broches e...puxémonos mans á obra! a verdade é que non foi nada sinxelo, porque é moi difícil de recortar! a profe axudounos collendo a tea por un lado (bueno, a algúns, porque outros ben poderiamos ser modistos e modistas!) e despois só tivemos que pegar as pezas e poñerlle por detrás un imperdible. Qué contentos/as nos fomos hoxe para a casa lucíndoos nas nosas camisetas! gústanvos?


martes, 12 de abril de 2011

VIAXE Ó ESPAZO

Hoxe celébrase o 50 aniversario da primeira viaxe do home ó espazo. Por iso, aproveitamos para ir á aula de audiovisuais a saber un pouquiño máis deste tema. O primeiro que aprendimos é que Google, cando hai algo que celebrar, cambia o seu logotipo cun debuxiño do que se trate, e que se pinchamos nel, xa nos leva ós contidos. Vimos quén foi ese home, Yuri Gagarin, e cómo foi ese momento: as imaxes del entrando na nave, co traxe posto, e cando despegaba. Impresionounos moito, só tedes que ver as caras de asombro que nos quedaron! Despois, xa na aula, falamos sobre isto, fixemos debuxos e ata un astronauta de plasti feito por André! Mirade...







as nosas caras son un poema!

ata ten ombligo!



Encantounos esta experiencia!

lunes, 11 de abril de 2011

Aprendemos algo máis...

Hoxe, grazas ó mestre Albino, aprendimos unha nova lección, cómo temos que sentar!. Resulta que algúns de nós, moitas veces, sentabamos cunha perna debaixo do cú, e claro, iso non é forma de sentarse... a profe dí que dese xeito imos estropeala espalda...Entón, veu o profe Albino, e contounos un conto, o conto da grulla. Conta a historia do cociñeiro dun rei, que, cando estaba a facer sopa de grulla para o rei, quitoulle unha pata e comeuna. Despois o rei enfadouse mooooito, e el díxolle "señor, as grullas só teñen unha pata".jajaja. No momento parece que fixo efecto, a ver se nos vindeiros días non temos que chamarlle a ninguén grulla...



Semana do Libro


Esta semana celebramos a Semana do Libro. Con motivo do 75 aniversario do falecemento de Valle Inclán, autor que dá nome ó noso cole, fixemos unha exposición adicada á súa persoa. A Infantil tocounos facer as súas caricaturas. Entre todos os nenos e nenas de Infantil, puxémonos mans á obra e fixemos varias: catro simulando as técnicas de Andy Warhol, outro con plastilina e cola branca e unha terceira con materiais diversos(algodón, periódicos...). Quedounos chulísima! Aquí podedes vela, pero como é mellor facelo en persoa, animámosvos a que vos acerquedes á entrada do cole a vela. Seguro que vos gusta!

O venres imos facer a "Feira do Libro Inrfantil". Por iso precisamos que os nenos/as traian un conto,da súa idade, que teñan na casa e xa leran, para así, ese día, intercambialos e levar outro, dun compañeiro/a, para casa.

E, como non, tamén teremos "Feira do Libro para as familias". O martes pola tarde, e o xoves e venres ás 9:00h e ás 13:50h, estará colocada unha mesa con varios libros, que agardamos sexan do voso interese. Por unha catidade simbólica, poderedes coller os que queirades.

Disfrutádea!

miércoles, 6 de abril de 2011

Falamos doutro xeito!


Fai uns días, viñeron dúas persoas moi especiais, xa que nos ensinaron unha nova forma de comunicarnos, con linguaxe de signos!Contáronnos un conto, pero nesta linguaxe. Ó principio, costounos entender que non podiamos aplaudir do mesmo xeito, xa que o rapaz xordo así non nos entendía, nin podiamos falar coa nosa voz, senón que tiñamos que dirixirnos á rapaza, a intérprete, que era a encargada de transmitirlle o que lle queriamos dicir. Finalmente, ensinounos a dicir nesta nova linguaxe o nome do noso animal favorito. Qué ben o pasamos! Agora só nos queda practicar... Moitas grazas pola vosa visita!

martes, 5 de abril de 2011

Desculpas

Como podedes comprobar, desde hai uns días non puidemos facer novas entradas. Temos varias cousas pendentes para ensinarvos, pero debido a un problemiña técnico estanse a demorar...Pedímosvos desculpas e esperamos solucionalo en breve! Moitas grazas pola vosa paciencia. Saúdos dos pícaros para todos e todas!