lunes, 4 de diciembre de 2017

CONOCEMOS A CANTARÍN

Hoxe tivemos unha visita especial na escola, Ava trouxo a súa nova mascota, o canario Cantarín! como sabredes, participamos no Concurso de debuxo da Sociedade Coruñesa de Canaricultura e Ava resultou ser gañadora. Déronlle un trofeo, un diploma, un cómic e o máis importante, un precioso canario ó que chama Cantarín. Nos contou que canta moito, que o teñen que tapar para que durma polas noites, que lle vai pedir ós Reis Magos unha xaula máis ampla...infinidade de cousas. Mirade qué fermoso é:



Por suposto, presentámoslle á nosa mascota, Manchitas, o cal é moi curioso e se acercou moito moito!




Moitas grazas Ava!

domingo, 3 de diciembre de 2017

XOGAMOS COAS SÍLABAS

Fai uns días fixemos un xogo que nos gusta moito. Consiste en que cada un de nós ten unha letra (neste caso escrita na frente) da cal nos temos que acordar, e bailamos libremente pola aula. Cando para de soar a música, a profe nos di unha sílaba ou unha palabra que temos que formar. Para iso, temos que saber si a nosa letra é necesaria e en caso afirmativo en qué lugar nos temos que colocar. Mirade qué ben o facemos:






cumple de Nayla