jueves, 26 de abril de 2012

Xa queda menos...

Como podedes ver na páxina web de nickelodeon, xa é oficial que somos os gañadores...todos os días pensamos en cánto tempo falta para coñecer a Bob...ai! que nervios!

http://www.ayudaatumundo.es/

ganadores

Imos ó teatro!

Lembrade que mañá imos ver a obra de teatro en inglés Pinocchio, da man da compañía Recursos, "Haz Teatring". Por iso, debemos traer bocadillo (e non galletas e chocolate). O horario de cole será o de sempre, xa que iremos polo medio da mañá.

lunes, 23 de abril de 2012

Prantamos cabazas e xirasoles



Aquí podedes ver qué ben se nos dá a prantación!. Estamos encantados co resultado, e fainos moita ilusión coidalas todos os días!
Moitas grazas á familia de Candela por aportarnos as semillas e os tarriños!

domingo, 22 de abril de 2012

Candela foi á feria de Abril!

Tal e como nos anunciou o viernes, Candela aproveitou esta fin de semana para ir a unha feria de Abril "á sadense",jajaaj. Así de guapa iba! seguro que mañá nos conta moitísimas novedades e cousas interesantes que aprendeu!

martes, 17 de abril de 2012

Noticias frescas!

Xa nos chamou Bob! deunos a noraboa, e díxonos que, en principio, se non hai cambios, vén o venres 11 de maio!!!. ten que vir desde Madrid, entón mirará a ver qué voo lle convén máis, e despois nos confirmará a visita. Seguimos sen crelo! temos que prepararlle unhas pancartas ben chulas para recibilo...que emoción!!!! e vai traer con el moitas sorpresas....

SOMOS OS GAÑADORES!!!



Onte recibimos un notición!!!! somos os gañadores do primeiro premio do concurso de nickelodeon!!!! nos sabedes a alegría que levamos, estamos que non o cremos!

Como xa sabedes, como premio vai vir ó noso cole Bob Esponja de visita!!! ademais de traernos unha placa conmemorativa e uns regaliños...

Por cousas como ésta, é polas que merece a pena o noso traballo e esforzo!!! dámoslle moitísimas grazas á organización. Agora só queda agardar a chamada de Bob, para que nos diga qué día vén.

lunes, 16 de abril de 2012

Aquí temos a explicación!

Candela estivo moi atenta ás nosas dúbidas, e aquí nos envía a resposta! Nós isto xa llo creímos, pero como nosa dixo que os seus ovos iban para o concurso e hoxe falta....irá alá de viaxe? qué misterio!

domingo, 15 de abril de 2012

Ovos de Pascua

Parece que Candela estuvo moi atarefada esta fin de semana. Xa o venres nos contou que andaban preparando uns ovos, pintándoos, e cando lle preguntamos se eran cocidos dixo que non, que os comera nunha tortilla de xamón!jajaja. O caso é que nos dixo que a súa mamá os iba a preparar para unha carreira de ovos que había en Estados Unidos....como nos sonou un pouco raro, pedímoslle que o luns nolo explicara, e aquí nos enviou unhas imaxes nas que podemos ver perfectamente qué andaban argallando...quedaron chulísimos! moito traballaron! noraboa!

Preparamos a decoración primaveral



Como xa veríades, estamos preparando a decoración das ventás. Mirade cánto traballamos!

miércoles, 11 de abril de 2012

Galego, todo o que buscas



Comparto con vós o vídeo dos compañeiros do IES Mosteirón, gañador do premio Correlingua deste ano. Impresionante, sen palabras, precioso!

martes, 10 de abril de 2012

Voltamos das vacacións con sorpresa!

Xa estamos de volta! comezando con moita ilusión o terceiro e último trimestre, como pasa o tempo! pois ben, hoxe, cando saímos ó patio, levámonos unha grata sorpresa! parece que algo verde asoma das nosas macetas...Despois de levar un bo disgusto ó día seguinte de facer a plantación (desfixéronnos as prantas de pementos), parece que algún pequeno vexetal sobreviviu. Temos a esperanza de que sexa o perexil!!!