miércoles, 24 de abril de 2013

O BISCOITO XA CHEGOU!



Como o prometido é débeda, hoxe a profe trouxonos o biscoito de chocolate feito cos ovos das galiñas de Javier. Había moitísima espectación, todos queriamos probalo! e a todos nos encantou, porque esas galiñas poñen uns ovos....boísimos!!!! gracias Javier!!!

martes, 23 de abril de 2013

JAVIER E OS OVOS DAS SÚAS GALIÑAS

JAVIER E OS OVOS DAS SÚAS GALIÑAS (PINCHADE)


Hoxe Javier trouxolle á profe un estupendo regalo! unha ducia de ovos das súas galiñas!!! Onte estiveranos contando cousas delas, e hoxe comprobamos o bos que son. Estivemos vendo cómo son, comprobamos que non todos son iguais (de pintas, de distintas cores, Javier dixo que os brancos son os de Abegondo, que quede claro!) cómo saen das galiñas etc...Javier díxolle á profe que eran para que fixera unha tortilla na casa, pero creo que tamén van servir para ter mañá unha sorpresiña para todos...veredes veredes!