jueves, 26 de febrero de 2015

LEVAMOS A ARTE NO CORPO



Hoxe decidimos explorar as nosas habilidades como artistas que somos. Combinamos dúas das cousas que máis nos gustan, o baile e a pintura, para así facer unha actividade de expresión corporal en toda regla. Imos gardar a nosa obra de arte, porque en calquer momento nos chaman dalgún museo para levala!!! que ben o pasamos... Pero, tamén temos que dicir, que o momento de despois, cando as profes nos deixaron tumbar no chan e poñer os pés no radiador, non tivo desperdicio! qué gustiño!!! pequenos placeres da vida

lunes, 23 de febrero de 2015

jueves, 12 de febrero de 2015

RITMOS CON TAPÓNS

JAVIER FOI VER A NEVE

O noso compi Javier, contounos fai uns días que fora ver a neve. E tivo que chegar ata Lugo para poder vela!!! (pero non se atopou cos papás da profe,ajajaj). Como todos queriamos vela, a súa mamá enviounos unhas fotiños dese día.



fixádevos nesta última foto, parece que Javier voa! estívonos contando que fixeron un boneco de neve, que tiña os pantalóns mollados porque a neve é auga conxelada, que se deitou nela...sen dúbida foi unha tarde moi divertida.

O ENTROIDO CHEGOU CON TODA A SÚA COR!!!

Hoxe foi un día moi especial, xa que na escola de Carnoedo estiveron moitas personaxes distintas: spiderman, caperucita, astronauta... había de todo!!!

Fixémoslle unha foto ó astronauta por detrás, porque senón non poderiades apreciar o chuli que era e o traballón que lle deu á súa mamá!


miércoles, 11 de febrero de 2015

TENEMOS CHICA NUEVA EN LA OFICINA!!!

Xa desde fai uns días temos compañía na escola,  Loli. É unha superprofe que veu ó noso cole a aprender moitas cousas con nós, e estámolo pasando xenial, porque é moi boa e axúdanos moito. Ademais, como lle coincide estar nunha das semanas máis divertidas do curso, pois ela tamén se animou e hoxe veu en pixama!!!


Que guapísimos todos! e comodísimos......

O MECO MANDA...

Hoxe volvimos atopar un novo mandadiño. O Meco contounos que mañá xa se despide, e por iso vai ser moi bo con nós, deixanos vir como queiramos, eso sí, disfrazados!!!


A VACA DA PAZ


Fai uns días fixemos unha vaca moi especial, trátase dunha vaca solidaria, a nosa "Vaca da Paz" coa cal queremos poñer o noso graniño de area facendo unha labor solidaria na nosa vila, Sada. Como xa sabemos, o produto lácteo que conseguimos coas vacas é o leite, e nós sabemos que hai persoas que non mercar leite para os seus almorzos. Por iso, decidimos pedir a colaboración das nosas familias, e todos aqueles cartóns de leite que sexan colocados debaixo da nosa vaca, serán donados a Cáritas Sada.

A nosa vaquiña xa foi tendo uns cantos litros!


MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!

martes, 10 de febrero de 2015

Nerea visita unha granxa!

O MECO SEGUE A MANDAR...

O noso amigo Meco segue a ter unhas ocurrencias moi divertidas. Como o curso pasado nos gustou moito vir cómodos ó cole, pois parece ser que se decidiu a repetir e, o mandadiño para mañá é...

Polo tanto xa sabedes, mañá directiños da cama ó cole!imos estar como na casa!

lunes, 9 de febrero de 2015

CHEGOU O MECO!

Hoxe, á volta na nosa excursión, tivemos outra sorpresa no cole, chegou o noso amigo Meco! xa sabedes que nos visita tódolos entroidos para facer uns mandatos ben divertidos. Pois ben, o mandato para mañá martes é...



traer o xersei do revés!

SAÍDA A BONILLA

LEVAMOS A PAZ Á CASA

Esta semana dedicámonos a facer cousiñas para conmemoralo Día da Paz. Aunque con retraso, pero tódolos días son bos para tal cousa. O xoves decidímonos a facer un postre moi especial, trátase dunhas boliñas feitas con améndoas, virutas de chocolate, coco, galleta e un ingrediente secreto, o ingrediente da paz. Quixemos facelas para levarllas ós nosos papás/mamás e así que eles fagan a paz. Como o xoves a masa non endureceu o suficiente, finalmente levámolas o venres...estamos seguros que agora tódolos papis saben facer a paz!






SEGUIMOS APRENDENDO COAS VACAS

Despois dun pequeno parón nas publicacións no blog, é hora de ensinarvos máis cousiñas. Nuria trouxonos, nada más ni nada menos, que...dous xugos! e un deles era tan grande que nin o podiamos coller! aprendimos para qué se utilizaba, e puidemos ver que os hai individuais ou para dúas vacas...tamén trouxo as cordas que se lle poñen ás vacas, entendimos que sen elas non poderiamos tirar polas vacas! e sorprendeunos cunhas fotos en branco e negro da súa avoa, cando era moi noviña, traballando cunhas vacas, fantástico!




Pola súa parte, Noa fixo unha fantástica reproducción dunhas vacas nun prado! ten ata productos lácteos, un bidón de leite e un queixo! ademais, as vacas non están solas, teñen unha cría, que xa sabemos que se chama becerro...


Ainhoa colaborou cun calendario, grazas ó cal falamos das carnicerías, de cómo se produce a carne e si a comemos ou non...aínda non estamos moi seguros de si nos gusta ou non. Na foto, vimos cómo mama un becerro, e aprendimos que son animais mamíferos.


Andrés veu cargado cun conto e cun peluche de vaca! co conto, falamos sobre as granxas, si tódalas vacas viven en granxas ou non, quén as coida...e co peluche, lembramos as razas que coñecimos ata o momento, xa que non todas teñen a mesma cor de pelo...


Ademais, Nuria e Leo trouxeron o mesmo obxecto, pero de dintinto tamaño, relacionado coas vacas, un bidón de leite! gustáronnos moito, quixemos collelos, mirar se tiñan leite dentro...aprendimos que pesan pouco para que, unha vez metido o leite, non se fagan moi pesados, vimos que o de Leo era tan antigo (xa era da tataravoa da súa nai) que tiña a marca de dar golpes coa asa, vimos que son de forma circular...pasámolo xenial!!


MOITAS GRAZAS FAMILIAS! ESTÁDESNOS AXUDANDO MOITO!