martes, 29 de noviembre de 2016

burbullas



Dentro da semana dos sentidos, hoxe tocou, nunca mellor dito, traballar o tacto. Estivemos falando de que case sempre o asociamos coas mans, pero que non só podemos percibir con elas, donde hai pel hai sensación. Por iso puxemos en práctica o aprendido e quixemos ver qué sentimos coas plantas dos pés estoupando burbullas! qué divertido! e vaia se se sinte!

proxecto Brancaneves



Hoxe a profe Laura comezou un novo proxecto no cal traballaremos as sete artes, polo tanto conectado co Proxecto Terra, no que traballamos a arquitectura a través dos sentidos...qué mellor maneira que o arte para seguir nesta liña!

Fantástico laura!!!

MIL USOS

Hoxe toucounos facer o plano da casa que trouxo Ainhoa. Como estos días no recreo fai moi bo tempo, non se borrou e puidemos aproveitalo para xogar. Pero non só como o facemos sempre, senón que se nos ocurriu, a nós soliños, introducir os elementos brillantes! (mentres non veñen por eles para facer as colas das sirenas estámolos aproveitando moito). Mirade cánta imaxinación temos, así non hai quen se aburra!



lunes, 28 de noviembre de 2016

E A GAÑADORA DO CONCURSO FOI...

Fai unhas semanas, participamos, como en anos anteriores, no concurso de canaricultura da Coruña. Tiñamos que facer un debuxo dun canario, e o premio era un diploma e un canario de verdade. Pois ben, a semana pasada nos chamaron para avisarnos de que na nosa escola a gañadora foi...Nuria! púxose moi contenta, e rapidamente avisamos á súa familia de que o domingo tiñan que acercarse a recibir o premio.

Hoxe, a nosa amiga, tivo un detalle moi bonito con nós, trouxonos a Ana, que así lle chama á súa canaria! pasou todo o día con nós no cole, e portouse fenomenal! comprobamos que ten un canto moi peculiar, e que, gracias a ela, ata tivemos que manter máis silencio para que non se puxera nerviosa.




NORABOA NURIA!!!

cumple Nayla