jueves, 18 de febrero de 2016

INICIÁMONOS NO TEATRO





Onte a profe tíñanos unha sorpresa. Apareceu co teatrillo!!! moitos de nós quixemos probar. Esta vez non foi con marionetas, senón nós mesmos como actores (parece que detrás do teatrillo o levamos mellor, nos axuda coa vergoña que poida aparecer...). Aquí podedes ver unha pequena mostra...

O TREN DA FELICIDADE

Hoxe a nosa compi Valeria trouxonos ó cole un misterioso regaliño. No seu turno da asemblea presentóunolo: un tren, pero non un tren calquera, senón o "tren da felicidade". Explicounos que os vagóns somos nós, os nenos e nenas de Carnoedo, e que si un vagón está triste, os demais tamén, por eso non poden seguir andando, e si todos estamos contentos, o tren pode seguir camiño. Bonito verdade?




Decidimos quedar uns días con el no cole, por suposto, co permiso de Valeria, a cal foi moi xenerosa e dixo que sí, que ó velo decidiu que sería para a escola e por eso nolo trouxo...

Moitas grazas Valeria!!! levaremos a felicidade alá a donde cheguemos!

lunes, 15 de febrero de 2016

SOMOS BATMAN, BUSCAMOS A PAZ

Hoxe xogamos a un novo xogo, o de Batman. Nel, todos eramos Batman, (para identificarnos levabamos posta unha muñequeira negra), salvo un de nós que era o malvado. Pois ben, mentres sonaba a música da banda sonora de Batman (a do desfile) paseabamos pola clase, e cando a música paraba, todos tiñamos que ir correndo á nosa Batcueva (uns aros dispostos polo chan). O malvado tiña que cazar a un Batman que non se dera agochado a tempo na Batcueva e, os demais, tiñamos que ir salvalo. Como? pois ese foi o gran apredizaxe e á vez a gran dificultade, xa que todos queriamos quitarlle ó noso amigo pola forza e a berros, pero non, así non podía ser!!! tiñamos que solucionala falando, negociando co malvado. Os malvados de hoxe foron moi bos, pediron a cambio bicos e apertas, a ver os dos seguintes días...





DÍA DO DESFILE DE ENTROIDO

E por fin chegou o día do desfile!!! e, como non podía ser doutra maneira, escollimos disfrazarnos dun superheroe, neste caso BATMAN!!! tivemos que facer o traxe, o cinturón, a capa, o símbolo e ata un antiface!!! gustouvos? foron moitos días de traballo, pero o esforzo mereceu a pena:



Despois do desfile (non teño o video, este ano non tivemos ó axudante Luis! se alguén mo pasa o podo publicar) compartimos unha merendola de produtos do entroido, qué rico todo!!!




Moitas grazas a todos e todas!


O XOVES DE ENTROIDO...


Perdoade a tardanza, xa que, pouco máis, e publico estas fotiños de entroido no verán!!! pero todo o bo se fai agardar... aquí nos tedes, disfrazados ó noso gusto, xa que o xoves, o día da despedida do Meco, deixounos vir cómo nós quixeramos:


martes, 2 de febrero de 2016

O MECO MANDOU...TODOS CON MANDIL!


Hoxe a clase parecía unha cociña! si si, todo tivemos que vir con mandil ó cole, por mandato do noso amigo Meco... mirade qué guapos:



CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

O pasado venres celebramos o Día da Paz. Todos sabemos que a paz non é para facer un só día, pero tamén é bonito festexala, como se dun aniversario se tratase.

Cando chegou a teacher Raquel, falamos un pouquiño sobre o que entendemos por paz, e despois fixemos un bonito mural conmemorativo entre todos.




VIVA A PAZ!

UNS NOVOS SUPERHEROES: SUPERMINIHEROES


Hoxe tivemos unha nova aportación, a nosa compañeira Ava trouxonos unha peli e información sobre os SUPERMINIHEROES!!!

No capítulo que vimos, un deles tiña unha característica, era moi pequeno. Eso, traíalle moitos problemas, pero acabouse convertendo nun heroe e deu coa solución. Remata a historia cambiando o rexeitamento por parte de todos por a amizade.



Grazas familia!