jueves, 16 de febrero de 2017

SAN VALENTÍN MOTIVA





O martes foi un día especial non, o seguinte. Este ano vivimos o San Valentín mooooooito! este video é do recreo, sí sí, do recreo! por iniciativa propia varios de nós quedamos na clase a preparar postais para as persoas que queremos. De verdade, non se pode transmitir por este medio a emoción que alí se vivía. Impresionante.

IDEAS POSITIVISMO

Despois de levar uns días coa entrada do cole adicada ó positivismo, só podemos dicirvos que moitas grazas polas vosas aportacións! todos os días miramos a ver si hai algunha nova, as lemos e as analizamos. Estades a axudarnos moito!




XOGAMOS COAS LETRAS

Por qué as letras só van estar no papel para ler? iso sería moi aburrido! nós atopámoslles moitos usos, e un deles é o xogo. O do outro día consistía en que tiñamos varias pezas do puzzle de letras, escoitabamos música, e cando paraba, revisabamos a ver si tiñamos algunha letra da palabra do encerado (nomes significativos para nós, como o da encargada ou o de Manchitas). Si a tiñamos, saíamos correndo a poñela debaixo. Pero coidado! ás veces a profe fai trampa! nese caso, tiñamos que levantar a letra que "cantou" a profe, pero quedarnos no sitio. Para que vos fagades unha idea, queríamos máis e máis nomes!






Outro dos xogos consistía en que dentro dos aros tiñamos escritas as iniciais dos nosos nomes. Ó parar a música, tiñamos que ir correndo á inicial do neno que "cantara" a profe. 





Traballar coas letras é moi divertido!

viernes, 10 de febrero de 2017

COSTUMES ANIMAIS

Definitivamente, a nosa mascota Manchitas estamos axudando a aprender moitas cousas. Non son poucas as veces ó día en que alguén di "Manchitas!" cando os demais facemos ruído, reclamándonos que Manchitas se vai poñer nervioso. Ademais, aprendemos a coidalo, cousa que facemos toooodos os días, e estamos comezando co proxecto, o cal vai medrando grazas á colaboración das familias. Pero, hoxe, novamente, nos sorprendeu. Mirade cómo o atopamos:



Ese papel, tan ben amontonadiño, o colocou el! vedes que non deixou nin chisco fóra? estaba debaixo do seu iglú, e cando o levantamos iso foi o que nos atopamos. Si vírades as nosas caras de asombro...un poema. Ahora tamén aprenderemos a ser ordenados, este ratiño é mundial!

jueves, 9 de febrero de 2017

INVERNO POSITIVO

Estes días estivemos moi atarefados na decoración da entrada do cole. Propuxémonos ser moi positivos, sí sí, positivos! que de negatividades xa está chea o mundo! comezamos falando sobre qué é iso de ser positivo ou negativo, e como non, usamos o vaso, sí! o medio cheo e medio baleiro. Rápidamente soubemos cómo afrontar varios exemplos de situacións de xeito positivo, e ver cómo serían de forma negativa.

Estamos nunha estación que para moitos pode ser un tanto "gris", o inverno, pero razonamos que no inverno tamén sae o sol! e quen nolo di? o arco da vella, non si? pois mans á obra, fixemos o noso mural "invernal" no que sae o sol. E, quen é a outra protagonista de moitas malas caras aquí en Galicia? a choiva!!! pois ela tamén pode ser bonitiña, pode ser chuvia de cores!

Remexendo todo un pouco, obtivemos este resultado:







e....agora tócavos a vós! na parte dereita do mural deixamos un espazo en branco para que vos contaxiedes do noso positivismo. Podedes escribir frases, palabras, ideas...o que queirades! 

REFUGALLANDO CARTÓN

viernes, 3 de febrero de 2017

ESTAMOS EN PROCESO....

Estos días estamos a facer un mural que nos ten moooooi atarefados. Tanto é así, que nos está dando moito traballo. Pero, mirade cántas ganas que temos de velo rematado, e qué traballadores somos, que ata no recreo lle pedimos á profe seguir con el!!!!




Agardade a ver o resultado final e opinades!

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro, con motivo da celebración do Día da Paz, recibimos unha carta de Illa Fantasía moi especial. Contounos a historia dos guardianes da Paz e aportounos un fantástico material: son os vales da PAZ. Temos oito tipos diferentes, un para cada ocasión (abrazo, bico, perdón, sorriso, axuda...). Na clase xa temos o noso rinconciño cos vales, e así, cando un de nós o precisa (por exemplo porque vemos a un amigo triste e nos apetece dárlle un "es xenial", "bico" "quérote", ou cando nos enfadamos e queremos pedir "perdón". A verdade é que nos encantan! Pero tamén temos os nosos vales para casa, os cales son iguais pero nesta ocasión para repartir a Paz entre os nosos amigos, familiares, veciños...




Disfrutádeos moito!!!