domingo, 25 de enero de 2015

EMPEZAMOS A SABER COUSIÑAS DAS VACAS

Este martes foi o primeiro día para investigar sobre as vacas, todo grazas á colaboración das familias, que xa nos están axudando a encher o noso recuncho do proxecto. Esta vez, axudámonos do material de Suso, Javier e Lucía.

No caso de Suso, trouxo dúas cousas: un conto e unha manualidade. O conto trata, como non, sobre as vacas! vimos que había un toro que tiña unha especie de anel no fociño, aprendemos para qué é e quén é o toro. Coa manualidade que fixo coa súa mamá, aprendimos cómo é a cabeza dunha vaca...


Javier, pola súa parte, veu cargado de información das vacas autóctonas galegas, trouxo tamén un quebracabezas e máis dúas vacas de xoguete máis un becerro. Coa información, aprendimos que tres das razas galegas son a cachena, a limiá e a caldelá. A que máis nos chamou a atención foi a cachena, porque é a máis pequena de corpo pero a que ten os cornos máis grandes! cos bonecos xa fomos vendo quén é o becerro, aprendimos que é a cría da vaca. Dentro dos folletos temos moita información que iremos desmenuzando co paso dos días.


No caso de Lucía, sorprendeunos cunha misteriosa caixa... ela xa nos dixo de antemán o día anterior que estaba secando, e que o fixera coa súa mamá...tiñamos moita intriga! pois ben, cando a abrimos, atopamos unha notiña para nós dónde nos contaba que se trataba duns quebracabezas e que só se os faciamos veriamos qué tiñan que ver coas vacas. Así que...nos puxemos mans á obra e...adivinades cal foi o resultado? mirade...






Moitas grazas familias! estádenos servindo de gran axuda!

QUE SABEMOS DAS VACAS?

Antes de dar comezo á nosa investigación, tiñamos que establecer cáles eran as nosas ideas previas, é dicir, o que xa sabemos sobre as vacas, para poder partir de ahí. Éstas foron algunhas das ideas que foron saíndo:

MIGUEL: Hay una puerta giratoria y saca, y después va en la cisterna a la fábrica a una máquina que la calienta mucho para sacar los microbios. 

LUCÍA: Comen queso.

AINHOA, NOA, JAVIER: Comen hierba.

SUSO: Comen comida, y después echan leche y la mandan a la fábrica.

NURIA, ANDRÉS: Dan leche.

ADRIÁN: Echan leche al cubo.

Xa vedes que non partimos de cero, que xa sabemos por dónde van os tiros...seguro que cando remate o trimestre seremos uns expertos no tema!

ARRANCAMOS!!!

lunes, 19 de enero de 2015

MENUDA CAEU EN CARNOEDO!

O venres, mentres estabamos facendo o traballo de Peky, escoitamos un gran ruido que viña de fóra. Axiña fomos á ventana e...menuda sorpresa! o patio estaba todo branco! estaba granizando, e estuvemos vendo cómo caia...logo, falamos de que eran gotas conxeladas, que pronto derreterían, que eran duras...parece que o inverno se está a mostrar!


jueves, 15 de enero de 2015

PREPARAMOS A MESA PARA A NOVA INVESTIGACIÓN


Imos comezar un novo proxecto de investigación, para o cal pedimos hoxe a colaboración das familias. Por iso, hoxe tocou preprar unha bonita mesa para ir recibindo todo aquilo que traiades...mirade qué traballo colaborativo tan bonito!

miércoles, 14 de enero de 2015

MEDIMOS CO METRO

Onte, o noso amigo Andrés, trouxo á escola un aparello que non sabiamos nin qué era, nin para qué servía. Entón, a profe decidiu que merecía a pena adicarlle un tempo para coñecelo e saber ´como se usa. Aprendimos que é un metro, que sirve para medir, que ten un "freno" para que esté quieto, que hai que ter coidado porque ó ser tan fino polos bordes pódenos cortar, que se pode dobrar... e un montón de cousas máis. Pero, como só escoitando á profe non se aprende, despois decidimos empregalo, e fomos descubrindo que o coxín de Adri mide o mesmo que o ancho da estantería, 40 centímetros, as pernas son máis longas que os brazos...mirade qué ben o pasamos:







TEMOS UN GAÑADOR NA ESCOLA!


O último día de cole antes de nadal, foi un día de moitas sorpresas, pero aínda non sabedes outra...chamáronnos os organizadores do concurso de canaricultura da Coruña, no cal participamos desde o curso pasado, para avisarnos que Miguel resultara ser un dos gañadores. Tivo que ir nas vacacións a recoller o seu diploma e un agasallo moi especial, un canario!!! polo que nos conta, Miguel está encantado!
NORABOA MIGUEL!!!

OS REIS MAGOS DEIXARON ALGO NO COLE...



O xoves, cando voltamos á escola, a profe díxonos que había un regalo para nós. Non puideron ser outros que os Reis Magos, que, como son moi listos, sabían que nos facían falta unhas gorras novas.






Estabamos desexando que fixese sol para estrealas, e por fin Lorenzo animouse...

ACTUACIÓN NADAL 2014

FESTIVAL NADAL 2014