miércoles, 19 de diciembre de 2012

BO NADAL CANDELA!



Mirade que foto tan chula nos chegou ó correo!



Deste xeito tan orixinal, a nosa amiga Candela deséxanos unhas boas festas. Moitísimas grazas Candela! nós tamén temos os mesmos desexos para ti e a túa familia! Encántanos recibir sorpresas así!

Un chucho gordo.

CUMPLE DE DAVID


martes, 18 de diciembre de 2012

DOCES DE NADAL


Xa sabedes que, cada vez que chega unha época do ano na que hai produtos típicos, nós non podemos pasar sen probalos. Pois ben, aquí tedes o noso recuncho de doces do nadal. O próximo xoves probaremolos todos, a ver cáles nos gustan e cáles non.... estamos desexando que chegue o día! Todos os días lle preguntamos á profe se podemos comer algo, pero hai que agardar un chisquiño máis... apetécenvos?


 
Moitas grazas familias pola vosa colaboración!

lunes, 17 de diciembre de 2012

ATENCIÓN FAMILIAS!



Atopei un recurso moi práctico para estos días! Trátase dunha aplicación donde podedes facer un video de Papá Noel ou os Reis Magos "personalizado" para o voso fillo/a. Chámase "navidades sorprendentes". Estou segura que lles vai facer moita ilusión!!! animádevos!

http://www.navidadessorprendentes.com/

jueves, 13 de diciembre de 2012

VISÍTANOS A RNE!


Hoxe foi un día especial. Viñeron a visitarnos dous rapaces da RNE!!! Querían coñecer cómo é o funcionamento dunha unitaria, e nós encantados de mostrarllo! Estiveron vendo cómo traballamos, contámoslle algunha cousiña e despois entrevistaron á profe. Dentro dunhas semanas sairemos no programa das tardes "nunca es tarde" (xa vos poñeremos o enlace no seu momento).

Antes de irse, pedímoslles facernos unhas fotiños con eles, e ata nos deixaron o micrófono e a grabadora! mirade:


 
 
 
 
Moitas grazas chicos! encantounos a visita!

martes, 11 de diciembre de 2012

Chega o Nadal!


Xa se sinte no ambiente, está a piques de chegar o Nadal! E nós, por suposto, xa comezamos a engalanar a nosa aula. Mirade que ben colocamos a árbore:





Estes días andamos moi atarefados preparando moitas cousas do Nadal, ademais de algunha sorpresiña...permanecede atentos!

lunes, 10 de diciembre de 2012

BENVIDO MARIO!




Esta ponte tivemos unha sorpresa, Mateo converteuse en irmán maior! non contábamos que Mario nacese ata dentro duns días, pero parece ser que tiña ganas de coñernos e naceu o mércores. Mateo está moi contento porque naceu o seu irmán e con este video quere desexarlle felices soños e feliz nadal!

un bico de todos Mario!

lunes, 3 de diciembre de 2012