viernes, 28 de enero de 2011

VIDEO EDUCATIVO SABIAS PORQUE

es tiempo de cambiar

Ésta é a canción que escoitamos todos xuntos para rematar a celebración...

Celebramos a Paz!


Hoxe tivemos a celebración do día da Paz. Xa sabedes que estivemos facendo unha caixa relacionada co concepto do amor... para iso, pensamos cómo transmitir amor e fixémonos fotos, buscamos en revistas... póñovos un pequeno adianto, á espera de saber qué fotos podo subir. Por certo, o chocolate con churros estaba boísimo!


jueves, 27 de enero de 2011

Cambio de imaxe

Como vedes, cambiei un pouquiño a imaxe do blog. A verdade é que esto dos blogs é un mundo apaixonante, non me canso de renovalo! seguirei intentando sorprendervos...

Novo enlace

Quería avisarvos de que puxen un novo enlace, un buscador infantil. Trátase dun buscador, como o noso google, pero exclusivo para nenos/as, xa que ten todos os filtros necesarios para que os contidos sexan os adecuados. Pareceume interesante, sobre todo no caso dos que xa saben escribir e poden adentrarse no mundo de internet (que xa sei que hai algún que o fai). Púxeno no apartado de "a xogar", posto que ahí é donde pretendo poñer todo o dirixido ós nenos/as directamente.

Día da Paz



Como xa sabedes, mañá imos celebrar o día da paz. Entre tódolos cursos do cole, estivemos traballando varios conceptos, e, como xa vos dixemos, a nós tocounos o amor. Fixemos unha caixa forrada con imaxes representativas do amor e a verdade é que nos quedou chulísima! poñereivos fotos en breve. Aproveito para darvos as grazas ás familias que colaborastedes traendo imaxes, traballástedes moito! E, como non, este ano tamén teremos chocolatada! ummmm! hoxe xa se nos facía a boca auga... tedes preparadas as tazas?

miércoles, 26 de enero de 2011

Estamos no inverno!


Estivemos decorando a aula, concretamente as ventás, con motivos invernales...qué frío fai desde entonces! levounos mooooito traballo, tivemos que recortar moito, e por iso fainos ilusión que vexades o resultado (ademais, os nenos/as levan varios días preguntándome cándo poño as fotos no blog, jaja, parece que isto lles fai ilusión!). Pena que a nosa aula esté algo escondida e non a poidades ver ben, pero para iso temos o blog!. A abrigarse...

viernes, 21 de enero de 2011

Saúdo dos meus pícaros

hola. ANDRÉ.
Buennnos dddddias. MARCOS.
Que sean felicessss . IAGGO.
Hola. GABI.
Buenos dias. SORAIA.
Hola. JOEL.
Adios. MAXXXXXIMMMO.
Os quiero mucho. SABELA.
Hola. VVVVVVVVVVVALENTINN.
Como vedes, aínda temos algunha dificultade á hora de soltar as teclas, pero fixémolo moi ben!!! fainos moita ilusión que vexades os nosos saúdos, aunque nos levou o noso traballiño... Bo día a todos e todas!

Mochila viaxeira

Hoxe comezamos a levar a mochila viaxeira para casa. Cada semana estará na casa de un de vós, para que a disfrutedes en familia. Cando a preparamos, intentamos acordarnos de todos, por iso tamén hai material para as familias: lectura, libros de psicoloxía prácticos, prensa... irá acompañada dunha pequena enquisa, para que a valoredes. Espero que vos guste!

sábado, 15 de enero de 2011

A nosa mascota


Estes días estamos coñecendo moitas cousas sobre a nosa mascota, un paxaro da especie diamante mandarín ó que chamamos David. Grazas á colaboración das familias, as cales nos aportaron información varia sobre este animaliño, sabemos qué tipo de alimentos lle gusta comer (moitas veces compartimos con él a nosa merenda...), cal é a diferencia entre os machos e as femias (está claro que David ten uns bonitos papos colorados que nos dín que é macho), de donde provén... Somos nós mesmos os que coidamos a David, cada día o encargado, e os nenos/as xa son uns perfectos coidadores!!! deixóvos unhas fotiños para ver unha das xa rutinas de aula...




Que maiores!!!

Na nosa clase están os nenos/as de 4 e 5 anos, somos os maiores de infantil! pois ben, nestas vacacións de nadal, a unha das nenas de cinco anos, Soraia, caéronlle os seus primeiros dentes!!! Iso fíxonos ver que xa somos maiores, e querémosllo contar ó resto do colexio. Por iso, fixemos un pequeno cartel para anunciar a nosa nova, que puxemos na porta da aula. Gústavos?

miércoles, 12 de enero de 2011

domingo, 9 de enero de 2011

de novo ó cole!!!

despois de unhas boas e merecidas vacacións, mañá toca voltar ó cole!!! seguro que os peques me contan mil e unha aventuras destas datas tan máxicas... e seguro que me sorprenden!!!