martes, 20 de diciembre de 2016

COIDAMOS A MANCHITAS

Como ben sabedes, agora temos unha mascota, Manchitas. Aunque son moi poucos coidados os que precisa, temos que facelos diariamente. Dárlle de comer, de beber, limpiar a xaula e, por suposto, dárlle moitos mimiños!

Hoxe os coidados recaeron nas mans do encargado do día, Adahy. Mirade qué ben o fai:





CUMPLE DE NURIA

lunes, 19 de diciembre de 2016

VIVA A CREATIVIDADE

Ben é sabido que os pequerrechos, se de algo andan sobrados, é de creatividade. Pois ben, aquí tedes un exemplo: mentres estabamos facendo os disfraces para a actuación do mércores, Lucía pideunos usar os pedaciños triangulares de plástico verde que quedaran, para "hacer un árbol de navidad". Axiña se uniron máis compis. O resultado, como non podía ser de outra maneira, fantástico:







viernes, 16 de diciembre de 2016

RECIBIMOS A MANCHITAS

CHEGOU O NOSO PREMIO!

Como xa recordaredes, ó principio do Proxecto Brancaneves se nos anunciou que si cumpríamos con todos os retos que nos propuxeran os ananiños, ó remate teriamos un premio. Pois ben, chegou o ansiado día. Na carta dábanos unhas pistas que nos despistaron aínda máis: que é moi delicado, que hai que manter calma, que non se pode gritar...e pistas tamén de donde estaba agochado.

nada no baño...

e no da profe? sí! aquí está!

un hámster!




Xa lle escollimos nome, Manchitas. De momento non volo podemos presentar porque hoxe estaba nervioso e se escondía, pero pouco a pouco o conseguiremos. Oluns Laura nos vai traer unhas recomendacións básicas sobre os seus coidados, e...a poñelas en práctica! que ilusión!!!

UNICORNIO FORMADO!


Aquí a tedes, palabra formada! agora xa pensamos que estará cerca a volta da nosa mascota Margen...temos moitas ganas!


cine e teatro con Mudito

martes, 13 de diciembre de 2016

Somos músicos

TEMOS A PALABRA COMPLETA!!!

Hoxe foi un día ben especial, xa que apareceron as dúas letras da palabra UNICORNIO que nos faltaban. A primeira, o "I", veu da man de Ainhoa. Polo visto, onte cando paseaba co seu pai, atopouna no campo, imaxinade a sorpresa! díxonos que estaba moi sucia e a tivo que lavar, pero aquí a tedes:



E máis tarde, cando estabamos co proxecto de Brancaneves, detrás do taboleiro das artes, plas! a letra "n":


palabra completada!

martes, 29 de noviembre de 2016

burbullas



Dentro da semana dos sentidos, hoxe tocou, nunca mellor dito, traballar o tacto. Estivemos falando de que case sempre o asociamos coas mans, pero que non só podemos percibir con elas, donde hai pel hai sensación. Por iso puxemos en práctica o aprendido e quixemos ver qué sentimos coas plantas dos pés estoupando burbullas! qué divertido! e vaia se se sinte!

proxecto Brancaneves



Hoxe a profe Laura comezou un novo proxecto no cal traballaremos as sete artes, polo tanto conectado co Proxecto Terra, no que traballamos a arquitectura a través dos sentidos...qué mellor maneira que o arte para seguir nesta liña!

Fantástico laura!!!

MIL USOS

Hoxe toucounos facer o plano da casa que trouxo Ainhoa. Como estos días no recreo fai moi bo tempo, non se borrou e puidemos aproveitalo para xogar. Pero non só como o facemos sempre, senón que se nos ocurriu, a nós soliños, introducir os elementos brillantes! (mentres non veñen por eles para facer as colas das sirenas estámolos aproveitando moito). Mirade cánta imaxinación temos, así non hai quen se aburra!



lunes, 28 de noviembre de 2016

E A GAÑADORA DO CONCURSO FOI...

Fai unhas semanas, participamos, como en anos anteriores, no concurso de canaricultura da Coruña. Tiñamos que facer un debuxo dun canario, e o premio era un diploma e un canario de verdade. Pois ben, a semana pasada nos chamaron para avisarnos de que na nosa escola a gañadora foi...Nuria! púxose moi contenta, e rapidamente avisamos á súa familia de que o domingo tiñan que acercarse a recibir o premio.

Hoxe, a nosa amiga, tivo un detalle moi bonito con nós, trouxonos a Ana, que así lle chama á súa canaria! pasou todo o día con nós no cole, e portouse fenomenal! comprobamos que ten un canto moi peculiar, e que, gracias a ela, ata tivemos que manter máis silencio para que non se puxera nerviosa.




NORABOA NURIA!!!

cumple Nayla

lunes, 21 de noviembre de 2016

miércoles, 9 de noviembre de 2016

qué será qué será



Hoxe chegounos unha caixa que arrecendía moi ben...viña do cole de Mondego, que andaban de magostos...que traerá dentro? axiña o adiviñamos!

martes, 8 de noviembre de 2016

A MISTERIOSA CARTA


Aquí tedes a misteriosa carta que chegou hoxe á escola, a carta da Bruxa Malauva...mira que nos dan sustos! menos mal que somos moi amigos, porque son divertidas a rabiar! ahora temos moito traballo por diante, pero nós o conseguiremos!

Desapareceu Margen!



Hoxe despois do recreo tivemos unha desagradable sorpresa: o noso amigo Margen, o golfiño, a mascota da biblioteca, non estaba, desaparecera! a explicación veu da man dunha misteriosa carta, procedente de Illa Fantasía. Escribeunos a Bruxa Malauva, avoa de Fortunata, Anafabeta e Tachatodo. Resulta que as súas netas andiveron a facer trasnadas, e colleron as mascotas das bibliotecas dos coles de Sada e Culleredo. Téñenas nunha cova moi oscura e profunda de Illa Fantasía, e non as devolverán ata cumprir un trato: escribir a carta ós demais coles que nos pideu o mago Alfa e atopar as letras que forman a palabra UNICORNIO, posto que tamén as roubaron, as que estaban no letreiro da escola de Illa Fantasía.

Xa sabedes, temos moooooito traballo! menos mal que sabemos que non son malas, senón traviesas, e seguro que estarán coidando moi ben a Margen.

lunes, 7 de noviembre de 2016

TENEMOS CHICA NUEVA EN LA OFICINA!!!


Hoxe cando chegamos ó cole tivemos unha sorpresa, unha profe nova!!! chámase Laura, está estudiando para ser profe, e ó igual que Loli e Martín vén facer as prácticas á nosa escola. Coma sempre, nós recibímola moi contentos, encántanos que veñan! Hoxe foi un día para coñecernos, ensinarlle cómo funciona a nosa escola e pouco máis, pero temos mooooitos días por diante para aprender xuntos.


Moitas grazas Laura por escollernos!

Lucía proba Next

Ainhoa proba Next





Por fin chegou o robot, Next! despois de moita espera, a semana pasada puidemos coñecelo e empezar a xogar con él. Aquí tedes a proba, a primeira proba!trátase dun fantástico recurso para fomentar a resolución de problemas, así como o traballo da direccionalidade. Faremos grandes cousas xuntos.

gata de Amelia







O outro día, no recreo, estando no areeiro, tivemos unha visita. Unha das nenas que estaba a xogar era Amelia, e debeu ser que a gatiña da súa tía a escoitou, e se acercou a saludar! mirade qué mimosa é...

miércoles, 2 de noviembre de 2016

BONITA INICIATIVA

Gustaríame comentar, dar a coñecer, sacar á luz unha iniciativa que me parece tan máxica como bonita. Trátase dun proxecto promovido por Bonhomía, unha asociación de Lugo, co cal se busca que ningún neno/a de Lugo quede sen o regalo que quere para o día de Reis. Deixovos o enlace, por si queredes botarlle unha ollada.


Préstome voluntaria para achegar os paquetiños!

truco o trato 6

truco o trato 5

truco o trato 4

truco o trato 3

truco o trato 2

truco o trato 1

SAMAÍN, SAMAÍN, SAMAÍN

miércoles, 26 de octubre de 2016

EXPOSICIÓN DE CABAZAS

Como todos os anos, este curso tamén fixemos a nosa exposición, como sempre, coa axuda das familias. Mirade qué terroríficas quedaron:














VOLTARON AS BRUXAS!

Hoxe, cando estabamos nos recunchos, démonos conta que alguén andaba polo patio...era Tachatodo e Analfabeta! axiña entraron na clase, e todos nos puxemos moi contentos...





Tachatodo chivouse de que Analfabeta aínda non sabía ler, pero como foi ó cole un pouquiño no verán ,pois quixemos comprobalo...e lle preguntamos qué poñía na silla:



Non sabía! inventou que poñía algo dos monstruos,jaajja.

Despois, contounos unha das súas trasnadas: foi á escola do unicornio, e colleu uns aparelliños que veu alí, pensando que eran para facer colares...e eran adaptadores para agarrar ben os lapis! menos mal que todos lle rifamos, e Tachatodo nos dixo que nos quedaramos con un cada un, e o resto xa se encarga ela de devolvelos...





Pero, hai que dicir que polo menos, en todo o verán, Analfabeta aprendeu unha cousa: a escribir "mama" e que si borra as "m" e cambia por "p" pon papa:



Noraboa! pero debes seguir estudiando moito máis. Antes de que se foran, quixemos ensinarlles a nosa exposición de cabazas, que sabiamos lle ía encantar. Achégase a súa festa, a festa das bruxas!



Ata a próxima! grazas pola vosa visita!