lunes, 27 de febrero de 2012

Cumple de Mateo na casa




A familia de Mateo quixo compartir con nós un bonito video do cumple que celebrástedes con él o sábado. Xa me contou un paxariño que sodes mooooi bailaríns, e que pedístedes un montón de veces esta canción...cómo vos gusta! vexo que o pasástedes mooooooi pero que mooooooi ben! seguro que a tarde se fixo corta para todos a que sí?

Parabéns Mateo!

Cumple Mateo



Cómo disfrutamos cos cumples!

viernes, 24 de febrero de 2012

Que xoves tan divertido!

Como lembraredes, o mandato do Meco para o xoves foi que cada un viñeramos como queriamos. Mirade que guapos estabamos:

miércoles, 15 de febrero de 2012

A nosa señorita estase preparando...

Parece que Candela está argallando na súa casa para vir guapísima mañá! quixo compartir con nós dous dos seus modelos...cal escollerá mañá? con calquer dos dous está xenial!



Ademais, a súa familia aproveitou para felicitarnos polo video do San Valentín e mandarnos un bico enorme! moitas grazas polos vosos comentarios e felicitacións! Alegrámonos que vos guste o noso traballo!

O último mandato do Meco...

Hoxe foi o último mandato do Meco, porque xa sabedes que o venres o temos reservado para lucir os disfraces que estamos a facer! parece que se quere despedir deixándonos un pouco de libertade, e así o ano que vén queiramos que volva...


Máis cómodos imposible!

Hoxe fixemos realidade o mandato do Meco máis cómodo, vir en pixama! non sabedes o agustiño que estivemos toda a mañá...só puxemos o mandilón para merendar! e, como era mércores, Raquel tamén se animou! Mirade qué guapos estabamos....



O noso pequeno mar...

Ó estar aprendendo cousas sobre os pingüinos, tamén coñecemos que comen peixes, que nos fondos mariños hai algas, que viven enriba do xeo da Antártida...e claro, animámonos a facer un pequeno recuncho dedicado ó mar! mirade qué bonito quedou...




Temos un patrón de embarcación na clase!

O sábado, Martín foi no seu barquiño dar un paseo. Mirade cómo se tivo que abrigar! facía moiiiiito vento, e incluso se mollou un pouco por mirar pola borda!

lunes, 13 de febrero de 2012

viernes, 10 de febrero de 2012

CHEGA O ENTROIDO!!!

Hoxe levámonos unha sorpresa no cole! veunos visitar o Meco! vaise quedar con nós toda a semana que vén, e cada día iranos facendo un mandato de cómo temos que vir disfrazados ó día seguinte.
Mirade qué susto nos deu...


Os maiores da clase axudáronnos a ler o mandato para o luns...



Xa sabedes, o próximo luns tócanos vir cun gorro ou sombreiro!!!



martes, 7 de febrero de 2012

PREMIO EDUBLOGS 2012


Como non podía ser doutra maneira, nós apuntámonos a todo! desta vez, queremos participar nun concurso de blogs, donde unha das categorías é para blogs de infantil. Podedes visitala páxina e deixar os voso comentarios.

O mundo!

Estes días estamos coñecendo moitas cousas sobre os pingüinos. Ó falar deles, saiu o tema de dónde queda a Antártida. Martín mostrou especial interés en coñecer en qué parte do mundo se situaba e tivemos a gran sorte de atopar pola escola un globo terráqueo! (aunque el dixo que prefería ver todos os lugares do mundo, no sitio, de verdade,jajaa). Situamos dónde estamos nós, e dónde está ese lugar tan frío...




Que abaixo queda!!!!