sábado, 26 de febrero de 2011

CONCURSO SOBRE O MEDIO AMBIENTE

Esta semana inscribímonos nun concurso sobre o coidado do medio ambiente. A verdade é que son infinidade os concursos que se nos ofrecen, e polo tanto é necesario seleccionar, pero este pareceunos moi atraínte por vir da man duns queridos amigos, os pitufos!
Ademais, só por participar, agasállannos cun lote de materiais Imedio, o cal é de agradecer, e a cada un de nós, aunque non gañemos o concurso, darannos un diploma de "coidadores do medio ambiente".


De seguro que se nos ocorren ideas moi chulas! Pincha para ver as bases do concurso

viernes, 25 de febrero de 2011

O noso día a día


Como as peticións dos nosos seguidores son sagradas para nós, ahí vai un vídeo do noso día a día no traballo de mesa!!!

O MECO MANDA...

Xa chegou o Entroido!!! e con el, chegou tamén o Meco e os seus mandatos. Como ben sabedes, temos que facer caso ó que el nos dí, e este ano parece que o Meco anda algo cociñeiro... así, para a vindeira semana os seus mandatos son:
Luns: mandil de cociña


Martes: gorro de cociña.
Mércores: utensilio de cociña (de madeira ou plástico).
Xoves: disfrace libre

Venres: desfile!!!


Os do luns, martes e mércores podemos facelos acumulativos, é dicir, o luns o mandil, o martes o madil e o gorro, o mércores o mandil o gorro e o utensilio, para así facer un disfrace de cociñeiro/a.

Xa vedes, imos comezar a semana máis divertida do curso!!! qué ben o imos pasar!!! viva o entroido!

jueves, 24 de febrero de 2011

PARTICIPAMOS NO V PREMIO ESPIRAL EDUBLOGS!

V PREMIO ESPIRAL EDUBLOGS

Ola familias!!!Despois de ver que xa comezou o V Premio de Edublogs, a nós tamén nos apeteceu participar, aunque xa sabemos que o noso é un blog aínda moooooi pequeñino, pero o importante é participar!!! animámosvos a deixar os vosos comentarios Simplemente tedes que pinchar na imaxe, está tamén ó final do blog, á dereita, xa que como entrada acabaría "desaparecendo". Moitas grazas!

martes, 22 de febrero de 2011

O ENTROIDO ACHÉGASE...

Cada vez queda menos para celebrar o entroido!!! xa temos moitas ganas, hoxe estivemos vendo as telas, tocándoas... (algún de nós dixo que lle gusta máis o fieltro que o raso, concretamente que lle gusta máis a "tela seca"jajaja). Como este ano as familias nos ides axudar, resúltanos mooooito máis complicado manter o segredo entón, como xa saberedes, no colexio decidimos que a temática común sexan "os contos" e nós imos ir de brancaneves, que serán as profes, e os ananiños, que seremos nós. Mañá xa levamos o material para a casa e...mans á obra! imos ir chulísimos! MOITAS GRAZAS FAMILIAS!!!! (E Á NOSA DESEÑADORA EN PARTICULAR, POR SUPOSTO!)

lunes, 21 de febrero de 2011

A casa de Melodía



A profe de música, Tere, ensinounos unha canción sobre o mundo da música que nos encanta! mirade qué ben nos sae...

jueves, 17 de febrero de 2011

Lembramos a Rosalía

Como xa sabedes, a nosa amiga Rosalía xa non vén ó noso cole, posto que se mudou de casa e tamén de colexio. Moitas veces lembrámonos dela con agarimo, e fai uns días, cando estabamos no patio, varios dos nenos/as chamáronme con moita efusividade. Resulta que atopamos unha pinza do pelo de Rosalía nunha alcantarilla! Os nenos/as dixéronme que lla tiñamos que devolver, e ocurriusenos enviarlla por carta. Claro, non íamos desaproveitar esta ocasión para mandarlle algún detalliño máis, e fixemos cada un de nós un debuxo, ademais dunha pequena carta na que cada un escribiu o que lle quixo dicir e unha foto de grupo. Esperamos que lle guste e que se acorde de nós!




lunes, 14 de febrero de 2011

Así descansamos...

Bailamos co mundo animal



Como xa sabedes, seguimos traballando os animais. Hoxe tocounos aprender a clasificalos. Para iso, a profe puxo no chan unhas marcas con xiz, unha para cada clase: mamíferos, acuáticos, aves... mentres soaba a música, bailabamos libremente, pero cando paraba e a profe nos dicía un animal, tiñamos que pensar de qué clase era e ir á súa marca... Cánto aprendimos xogando e bailando!

The Body Song



Ésta é a canción que o mestre de inglés, Roberto, nos ensinou para aprender as partes do corpo. Con só un ensaio saiunos case perfecta! queredes aprender con nós?

jueves, 10 de febrero de 2011

AVISO

A partir de agora, todos os comentarios que poña no apartado "DITO QUEDA" irán con fecha, xa que así é moito máis doado atopar os que non limos.

martes, 8 de febrero de 2011

Seguimos decorando...










Como xa sabedes, estamos coñecendo moitas cousas novas sobre os animais. Aproveitando que a nosa mascota é un paxaro, é dicir, unha ave, decidimos decorar a nosa aula cuns simpáticos compañeiros para David. Para iso, tivemos que saír ó patio a recoller uns carabullos, e despois fixemos uns coloridos paxariños...qué bonitos quedaron!

O noso lector André



Como a André lle encanta o mundo da lectura e xa o fai xenial, moitas veces axuda á profe a lerlle contos ó resto de compañeiros/as... hoxe leunos un conto de Iago e fíxoo estupendamente!!!

miércoles, 2 de febrero de 2011

Choiva de ideas previas

Hoxe fixemos unha choiva de ideas sobre os animais, para saber qué é o que coñecemos sobre os distintos tipos de animais. Aquí vos deixo algunhas...

- " los murciélagos no les gusta la luz porque son negros". ANDRÉ.
- " las hormigas, aunque sean muy pequeñitas, pueden con una hoja". ANDRÉ.
- " las mariquitas escarvan". SABELA.
- " los tiburones comen peces". SABELA.
- " un pulpo pilla a la gente, lo ví en una peli". SABELA.
- " los calamares echan tinta, en la cara de los chicos". ANDRÉ.
- " los cocodrilos comen peces". VALENTÍN.
- " las aves comen gusanos". ANDRÉ.
- " los pájaros comen peces" VALENTÍN. "Sí, las gaviotas" ANDRÉ.
- " a las mamás pájaros les nacen bebés de la barriga" IAGO.
- " los tiburones comen de todo, también ballenas". MARCOS.
- " los tiburones comen xente". IAGO.
- " ¿a que los animales no tienen pinchos en el culo? es que Marcos dice que sí" IAGO.
- " las ovejas tienen pinchos en el culo" MARCOS. "serán las abejas?"(profe). "Sí" MARCOS.
- " yo tengo sangre rica, porque siempre me pican" IAGO.

martes, 1 de febrero de 2011

Fun ó mercado



Imos comezar a traballar nun proxecto sobre os animais. Aprenderemos a súa clasificación, características, costumes... Por iso, hoxe estivemos recordando unha canción que aprendimos o curso pasado dun animaliño, (concretamente un insecto), unha traste formiguiña que anda a facer das súas polos nosos corpos... Esperamos que vos guste!

Póñovos a letra para poder seguila mellor:
Fun ó mercado a mercar champán (bis)
e unha formiguiña subiume pola man (bis)
eu sacudín, sacudín, sacudín (bis)
pero a formiguiña non paraba de subir(bis).

Fun ó mercado a mercar café (bis)
e unha formiguiña subiume polo pé (bis)
eu sacudín, sacudín, sacudín (bis)
pero a formiguiña non paraba de subir (bis).

Fun ó mercado a mercar maíz (bis)
e unha formiguiña subiume polo nariz (bis)
eu sacudín, sacudín, sacudín (bis)
pero a formiguiña non paraba de subir (bis).

Fun ó mercado a mercar limón (bis)
e unha formiguiña subiume polo codo (bis)
eu sacudín, sacudín, sacudín (bis)
pero a formiguiña non paraba de subir (bis)

Fun ó mercado a mercar champú (bis)
e unha formiguiña subiume polo cú (bis)
eu sacudín, sacudín, sacudín (bis)
pero a formiguiña no paraba de subir (bis)

Coca Cola Commercial - "Reasons To Believe" (2011) Whatever / Oasis


Creo que este video está moi relacionado coa festa do venres, a celebración da Paz. A verdade é que non son moi partidaria das mesmas, porque parece que "o damos todo" un día e logo nos esquecemos...a paz deberiamos facela tódolos días... videos coma éste lembrannolo... espero que vos guste.