jueves, 14 de mayo de 2015

Lemos de xeito divertido





E aquí tedes a demostración!!!

LEMOS DE FORMA DIVERTIDA

Como a mellor maneira de aprender é xogando, hoxe puxémonos mans á obra e xogamos a un xogo moi divertido. Sempre que haxa movemento, o éxito en Carnoedo está asegurado! tiñamos varias letras nuns aros, mentres a profe cantaba (ou o intentaba,ajajaj) paseabamos mirando dónde estaban e qué letras eran, e ó parar de cantar, a profe escribía unha palabra no encerado e tiñamos que formala buscando as pezas.







Con este sinxelo xogo traballamos moitas cousas: discriminación auditiva, visual, lectura, orientación espacial...a que parece mentira??? cánto aprendemos!!!

martes, 5 de mayo de 2015

OMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMM......

Todos os días, á volta do recreo, temos uns minutiños de relaxación. Primeiro, tumbados no coxín, escoitamos unha música moi relaxante e despois facemos a relaxación da lingua (praxias bucofonatorias) e do corpo (movementos de estiramentos e demais). Pero algunha vez facemos relaxacións especiais. Hoxe foi un deses días, fixemos o tren dos masaxistas, cómo nos gusta...



ESTREAMOS AREEIRO!!

Despois de varios días vendo ós obreiros traballar no noso novo areeiro, despois de varios días de chuvia sen poder usalo, hoxe por fin puidemos estrenalo! Foi todo un éxito



Ademais, xa temos preparada a horta para poder inciarnos na plantación, esto promete!


lunes, 4 de mayo de 2015

XOGAMOS COA IMAXINACIÓN

Quen dixo que o recreo era unha pérdida de tempo? nós utilizámolo para aprender xogando! mirade pedazo de parede que fixo Nerea, mellor que a de moitos albaneis, non caeu! eso sí que é equilibrio...

sábado, 2 de mayo de 2015

PARA TODAS AS MAMIS!!!





Para celebrar o día da nai, quero compartir con vós este video que me parece precioso, aunque moitas igual xa o vístedes... espero que non se me enfaden os papis!!!