miércoles, 25 de noviembre de 2015

monstruo come medos

O MOSTRUO COME-MEDOS

Onte chegou ó cole unha visita moi especial, un monstruo!!! pero trátase dun monstruo bo, que vén a visitarnos para quitarnos tódolos medos que teñamos. Como?pois temos que escribir aquelo que nos de medo nunha tarxeta que nos deu, dárlla para que a coma, e ó día seguinte nos dará a solución, así de sinxelo!







Imos perder moitos medos!

CUMPLE DE NAYLA

TENDAL DAS EMOCIÓNS

Lembrades o vídeo donde nos vístedes facendo os marcos do outono? Pois eran para facer un bonito tendal das emocións, nas que tiveron que participar as familias. Nel, reflexamos palabras que nos evocan as emocións. Quedou chulo de verdade!




CÓMO DEMOSTRAMOS O AMOR?

Estivemos falando das formas que temos para demostrar o amor. De ahí saíron cousiñas moi interesantes, que reunimos nun bonito mural:





Viva o amor!

lunes, 9 de noviembre de 2015

O NOSO MAGOSTO

A pasada semana recibimos un detalliño do colexio de Mondego, unhas castañas asadas! porque nós tamén podemos celebrar o noso magosto particular, claro que sí!




TENEMOS CHICO NUEVO EN LA OFICINA!

Desde fai uns días, temos un novo profe na escola! trátase de Martín, o cal está estudando moito moito para ser mestre dentro de nada. Estámolo pasando xenial con el, os días pasan voando! e estanos demostrando que é un profe de dez!

Benvido Martín!

martes, 3 de noviembre de 2015

COLLAR DE ZONCHOS

O xoves tivemos unha sorpresa!!! Mario trouxonos uns zonchos, que fixera Maru para compartir con nós.

Que ilusión nos fixo! aprendimos que se trata dun costume galego, xa case esquecido, no cal os nenos/as facían ese tipo de collar e despois iban comendo as castañas. Que bonito!
Moitas grazas familia!!!

SAMAÍN 2015

PI, PI, PI, A BRUXA XA ESTÁ AQUI!