miércoles, 19 de diciembre de 2012

BO NADAL CANDELA!



Mirade que foto tan chula nos chegou ó correo!



Deste xeito tan orixinal, a nosa amiga Candela deséxanos unhas boas festas. Moitísimas grazas Candela! nós tamén temos os mesmos desexos para ti e a túa familia! Encántanos recibir sorpresas así!

Un chucho gordo.

CUMPLE DE DAVID


martes, 18 de diciembre de 2012

DOCES DE NADAL


Xa sabedes que, cada vez que chega unha época do ano na que hai produtos típicos, nós non podemos pasar sen probalos. Pois ben, aquí tedes o noso recuncho de doces do nadal. O próximo xoves probaremolos todos, a ver cáles nos gustan e cáles non.... estamos desexando que chegue o día! Todos os días lle preguntamos á profe se podemos comer algo, pero hai que agardar un chisquiño máis... apetécenvos?


 
Moitas grazas familias pola vosa colaboración!

lunes, 17 de diciembre de 2012

ATENCIÓN FAMILIAS!



Atopei un recurso moi práctico para estos días! Trátase dunha aplicación donde podedes facer un video de Papá Noel ou os Reis Magos "personalizado" para o voso fillo/a. Chámase "navidades sorprendentes". Estou segura que lles vai facer moita ilusión!!! animádevos!

http://www.navidadessorprendentes.com/

jueves, 13 de diciembre de 2012

VISÍTANOS A RNE!


Hoxe foi un día especial. Viñeron a visitarnos dous rapaces da RNE!!! Querían coñecer cómo é o funcionamento dunha unitaria, e nós encantados de mostrarllo! Estiveron vendo cómo traballamos, contámoslle algunha cousiña e despois entrevistaron á profe. Dentro dunhas semanas sairemos no programa das tardes "nunca es tarde" (xa vos poñeremos o enlace no seu momento).

Antes de irse, pedímoslles facernos unhas fotiños con eles, e ata nos deixaron o micrófono e a grabadora! mirade:


 
 
 
 
Moitas grazas chicos! encantounos a visita!

martes, 11 de diciembre de 2012

Chega o Nadal!


Xa se sinte no ambiente, está a piques de chegar o Nadal! E nós, por suposto, xa comezamos a engalanar a nosa aula. Mirade que ben colocamos a árbore:





Estes días andamos moi atarefados preparando moitas cousas do Nadal, ademais de algunha sorpresiña...permanecede atentos!

lunes, 10 de diciembre de 2012

BENVIDO MARIO!




Esta ponte tivemos unha sorpresa, Mateo converteuse en irmán maior! non contábamos que Mario nacese ata dentro duns días, pero parece ser que tiña ganas de coñernos e naceu o mércores. Mateo está moi contento porque naceu o seu irmán e con este video quere desexarlle felices soños e feliz nadal!

un bico de todos Mario!

lunes, 3 de diciembre de 2012

jueves, 29 de noviembre de 2012

USAMOS A IMAXINACIÓN...



Hoxe disfrutamos moito da plasti nova, é das cousas que máis nos gustan! A Mateo ocurriuselle facer o nome da profe. Para iso, que non é doado, tivo que pensar cómo se escribía. Mirade qué ben o fixo:




Guille, ó velo, tamén se animou a facer a primeira letra que coñecemos, o I. El  tamén tivo que pensar cómo facela, e axudouse da nosa retahíla "para abajo, sombrerito, zapatito!". Mirade qué chula:

 
 
 
Xa postos a traballar, Mateo seguiu a experimentar....
 
 
 
 
Moi ben chicos!

DESPEDIMOS A MARÍA



Onte foi o último día de María con nós. Estuvo ensinándonos inglés desde comezos de curso, pero para a próxima semana virá unha nova profe, Sandra. Botarémola moito de menos, a ver se algún día nos pode vir facer unha visitiña...




QUERÉMOSTE MARÍA!

martes, 27 de noviembre de 2012

MENUDA SARAIBADA!



Hoxe pola mañá, nada máis chegar ó cole, escoitamos un tremendo ruído...miramos pola ventá e vimos que o patio estaba todo branco!




 
 
Rápidamente, Mateo díxonos que eran boliñas de xeo...pois sí, unha gran saraibada estaba a caer! Creo que imos ter unha semaniña pasada por auga...
 
A abrigarse todos!

lunes, 26 de noviembre de 2012

BENVIDA NAILA!!!





Esta fin de semana naceu Naila, a irmá de Javier. El está moi contento de converterse en irmán maior, e quere facerlle este regalo para que teña doces soños.

Benvida Naila!

jueves, 22 de noviembre de 2012

lunes, 12 de noviembre de 2012

EXPERIMENTAMOS...


Cando estabamos na explicación do traballo, surxiu unha dúbida: que pasa se mollamos plástico? e se mollamos papel? como non o tiñamos moi claro (uns decían que quedaba mollado, outros que estaba frío...) decidimos facer a proba. Aquí nos vedes:


comezamos co experimento

probamos co plástico

está mollado, pero segue igual

probamos agora con papel

que está pasando co papel?


 
desfíxose!



 
Aprendimos que algúns elementos, en contacto con auga, se descompoñen e outros non, agora sabemos que o papel se desfai!

miércoles, 7 de noviembre de 2012

AS BRUXIÑAS DE CARNOEDO...


Éste foi o pequeno mural que fixemos para felicitar ás nosas familias o Samaín:





Estamos feitos/as unhas bruxiñas, pero boíñas eh! Seguiremos a enfeitizarvos pouco a pouco...



Sorpresa de Candela


  Mirade qué sorpresa tiñamos no noso correo...


Mateo dí "feliz halloween"

Adri dí "la quiero mucho"

Arantxa dí "que le gustan mucho sus calabazas"

David  di "me gusta la calabaza"

Yago dí "feliz samaín".

Como ves, estamos encantados de que te acordes de nós!

Moitos bicos Candela!

domingo, 4 de noviembre de 2012

Son un morcego




Xa sabedes que estamos feitos uns artistas. Pois ben, como queremos seguir demostrándoo, aproveitamos o Samaín para inventar unha canción, disfrazarnos e representala para que nos poidades ver....aquí nos tedes....

Cumple Javier


Collar de zonchos



O pasado mércores, Mateo chegou ó cole cunha sorpresa, un collar ou rosario de zonchos! Nun primer momento, todos nos quedamos asombrados, porque non sabiamos qué era iso, unhas castañas colgadas dun fío...pero Maru encargouse de contarnos cómo se chamaba, era un rosario de zonchos! Polo visto, é unha tradición de fai mooiiiiito tempo, no que os nenos/as, tal día coma ese, facían os collares con castañas cocidas. A verdade é que é unha tradición ben chula!

Mirade qué guapo estaba Mateo co seu collar...

 
 
 
Moitas grazas Maru por traernos esta fermusura, e, sobre todo, por contarnos a súa historia! Mateo compartiu con todos nós as castañas!

Exposición de cabazas 2012


miércoles, 17 de octubre de 2012

Un día calquera




Aquí nos tedes no traballo de mesa, dun día calquera. Aunque aínda nos queda moito por aprender (a estar ben sentados, a facer correctamente o traballo, a atender ás explicacións...) xa melloramos moito! e eso que só pasou un mes de cole! Mirade!

viernes, 29 de junio de 2012

FELICES VACACIÓNS!!!!

Por fin chegaron as tan ansiadas vacacións! vós só levades unha semana, e eu comézoas hoxe, qué raro se me fixo estar tan soa na escola estes días!

Deséxovos que pasedes un moi feliz verán e que carguedes as pilas para vir con ganas de aprender moitas cousas en setembro!

Vémonos o día 12!

martes, 26 de junio de 2012

Candela na praia

Mirade que foto tan chuli chegou ó noso correo hoxe...





Xa vexo que Candela comezou a disfrutar do verán e desta ola de calor que nos visita... fíxome moita ilusión ver que xa estrenou o regaliño da profe! grazas Candela! espero que lle saques proveito! prepara as cousas para mañá que polo visto segue o calor!

Mil bicos!

miércoles, 20 de junio de 2012

Mensaxe-despedida de Candela



Mirade que mail tan emotivo nos enviou Candela:



Candela y sus padres quieren dar las gracias en primer lugar a Tania por el trabajo realizado durante este curso y por hacernos participes de él.
Mención especial para Luis que sepas que Candela te quiere muchísimo y al perro por aguantar tanto. Tampoco nos olvidamos de Raquel, Matucha y de nuestra querida Puri son geniales. En segundo lugar agradecer la colaboración a todos a la hora de organizar las distintas fiestas y participar.
En tercer lugar felicitar a todos los niños por trabajar mucho y darnos tantas alegrías. Por último que sepáis que no nos olvidaremos de nadie y que os seguiremos en el blog. Un beso muy fuerte de Candela y sus padres y que tengáis unas FELICES VACACIONES. Hasta siempre.
 
Pola parte que me toca, se souberades o feliz que me fai o meu traballo cos peques, nin me teriades que dar as grazas, casi sería ó revés! estou moi orgullosa de cada un dos meus peques, e con eles, é moi fácil conseguir logros!
No que se refiere a Luis, para el foi un placer sacar un sorriso cada vez que iba ó cole, a mellor medicina! e Brunito...manda un sabroso lengüetazo!!!
Transmítovos tamén as mesmas sensacións de parte de Raquel, constame que estivo supercontenta no cole cos peques! e de Puri...mándavos moitos saúdos e apertas!
Pero...non nos poñamos tristes, temos que disfrutar os dous días que quedan!

martes, 5 de junio de 2012

Chegamos ás 10000 visitas!


Moitísimas grazas a todos os nosos seguidores, por os vosos comentarios, por seguirnos, por compartir cousas con nós...GRAZAS!!!!

Un novo ser que coidar!


Conchi e Olga, as profes das unitarias de Coirós, mandáronnos un regalo moi especial! un cespiño!!(bueno, así lles chama a profe, porque o ano pasado os fixo cos nenos de Vigo). Trátase dun munequiño ó cal, se o coidamos e regamos ben, lle sairá pelo!!! O primeiro que fixemos foi mirar as instruccións na caixa



Despois, fixemos o primeiro paso, empapalo ben empapadiño...




Esperamos un chisquiño....



E, por último, colocámolo no seu recipiente para os próximos días, tendo en conta que o rabiño esté mollándose continuamente.





Temos moooooitas ganas de que lle medre pronto o pelo, para facerlle peiteados!
Moitas grazas profes! acertástedes de cheo co regalo!

lunes, 21 de mayo de 2012

Trasplantamos

As nosas prantas xa non podían seguir moito tempo nos seus tarriños, porque co ben que as coidamos medraron tanto que xa non cabían! polo tanto, tivemos que trasplantalas. Así, poidemos ver cómo son as raíces, cómo medran, e cánto medraron! Mirade:


domingo, 20 de mayo de 2012

E seguimos a ser noticia!


Como podedes ver, o noso gran premio aínda non está esquecido! esta vez, fomos noticia no Mariñán!


Moitas grazas á mamá de Candela por estar tan atenta ós nosos pasos!

martes, 15 de mayo de 2012

O noso conto viaxeiro

Como ben sabedes, o noso conto viaxeiro xa ten un final! desde hoxe témolo colocado na entrada do cole, para que todos os que queirades levalo a casa uns días o poidades facer. Só tedes que apuntarvos na folla de préstamo e listo! a disfrutalo!



lunes, 14 de mayo de 2012

Seguimos a ser noticia!

Como podedes ver na páxina do Concello de Sada, seguimos a facernos famosos!

visita Bob. (pincha aquí)

O conto viaxeiro




Xa rematamos o conto viaxeiro! Entre todos, contámosvos a historia moi resumidiña, pero se queredes velo, desde mañá vai estar á vosa disposición a modo de préstamo. Colocarémolo na entrada, acompañado dunha ficha de préstamo. Simplemente tedes que cubrila e xa podedes levalo uns días para casa! procurade non tardar moito, para que todo o mundo que queira o poida levar.

jueves, 10 de mayo de 2012

Relaxámonos


Cando voltamos do recreo, sempre facemos a relaxación antes de poñernos a traballar: escoitamos música relaxante, facemos o xogo da lingua (praxias bucofonatorias) e relaxamos o corpo. Pois ben, hoxe fomos máis alá, e convertímonos en masaxistas. Fixemos o tren dos masaxes, mirade mirade:





Non sabedes o agustiño que quedamos! así sí que se traballa ben! xa houbo quen quería que formase parte da relaxación diaria...

lunes, 7 de mayo de 2012

Tamén no periódico!

La Opinión

Enlace da páxina do Concello de Sada...facémonos famosos!

La EEI de Carnoedo gana el primer premio del concurso nacional de la cadena infantil de tv Nickelodeon

 - Bob Esponja acudirá el próximo miércoles a su colegio para entregar a sus siete alumnos la placa que les acredita como ganadores de la 2ª unidad didáctica de “Ayuda a tu Mundo”.
La escuela de Educación Infantil de Carnoedo ha resultado ganadora de la segunda unidad didáctica de “Ayuda a tu Mundo”, un concurso que ha puesto en marcha la cadena de televisión infantil Nickelodeon entre todos los centros escolares de España.
Se trata de elaborar una propuesta por trimestre, la primera fue sobre el uso correcto del agua y la del segundo trimestre sobre la vida sana. Los siete niños, de 3, 4 y 5 años y a través de su profesora Tania Casabella, crearon una pirámide de alimentos, trabajaron sobre los beneficios de una alimentación equilibrada y sana además de conseguir su propio huerto ecológico a pesar de contar con muy poco terreno en sus instalaciones.
Todo el trabajo se recogió en un vídeo para participar en el concurso “Ayuda a tu mundo”, junto a cientos de colegios de toda España, de la famosa cadena de televisión infantil. Para la presidenta del Apa de Carnoedo, Isabel López Pan conseguir esta distinción es un gran éxito para el centro, tratándose sobre todo de una escuela unitaria con tan sólo siete alumnos.
El premio será la visita del mismísimo Bob Esponja a la EEI de Carnoedo el próximo miércoles, 9 de mayo, a las 12 del mediodía. Los niños recibirán de sus manos una placa conmemorativa de su premio y regalos para todos ellos.

miércoles, 2 de mayo de 2012

Pinocchio



Aquí tedes outra das nosas aventuras! vaia temporadiña de eventos que levamos!

Hoxe, ó mirar o blog, atopámonos cunhas sorpresiñas...tiñamos dous regaliños! trátase deste orixinal premio, que compartiron con nós o blog "profes de infantil" e tamén ó blog "os peques de Valeixe". Para aceptalo, debemos dicir unha frase que nos defina, que podería ser "nada mellor que aprender disfrutando" e pasarllo a dez blogs amigos.

Peques reboreda, http://pequesreboreda.wordpress.com/
Infantil de Foz 4 anos, http://infantiln1foz.blogspot.com.es/
Cole de Colores, http://coledecolores.blogspot.com.es/
Nuevos viajeros del tiempo, http://proyectosmybloc.wordpress.com/
Duendes Juguetones, http://duendesjuguetones.blogspot.com/
Escola de Casalonga, http://escoladecasalonga.blogspot.com/
Cousas da nosa clase, http://aclasedeana.blogspot.com.es/
La clase de Luna, http://laclasedeluna.blogspot.com/
Adelante Grumetes, http://adelantegrumetes.blogspot.com/
Os peques do colexio Cervantes, http://ospequesdocolexiocervantes.blogspot.com.es/

Moitas grazas chic@s! que ilusión nos fixo!

jueves, 26 de abril de 2012

Xa queda menos...

Como podedes ver na páxina web de nickelodeon, xa é oficial que somos os gañadores...todos os días pensamos en cánto tempo falta para coñecer a Bob...ai! que nervios!

http://www.ayudaatumundo.es/

ganadores

Imos ó teatro!

Lembrade que mañá imos ver a obra de teatro en inglés Pinocchio, da man da compañía Recursos, "Haz Teatring". Por iso, debemos traer bocadillo (e non galletas e chocolate). O horario de cole será o de sempre, xa que iremos polo medio da mañá.

lunes, 23 de abril de 2012

Prantamos cabazas e xirasoles



Aquí podedes ver qué ben se nos dá a prantación!. Estamos encantados co resultado, e fainos moita ilusión coidalas todos os días!
Moitas grazas á familia de Candela por aportarnos as semillas e os tarriños!

domingo, 22 de abril de 2012

Candela foi á feria de Abril!

Tal e como nos anunciou o viernes, Candela aproveitou esta fin de semana para ir a unha feria de Abril "á sadense",jajaaj. Así de guapa iba! seguro que mañá nos conta moitísimas novedades e cousas interesantes que aprendeu!

martes, 17 de abril de 2012

Noticias frescas!

Xa nos chamou Bob! deunos a noraboa, e díxonos que, en principio, se non hai cambios, vén o venres 11 de maio!!!. ten que vir desde Madrid, entón mirará a ver qué voo lle convén máis, e despois nos confirmará a visita. Seguimos sen crelo! temos que prepararlle unhas pancartas ben chulas para recibilo...que emoción!!!! e vai traer con el moitas sorpresas....

SOMOS OS GAÑADORES!!!



Onte recibimos un notición!!!! somos os gañadores do primeiro premio do concurso de nickelodeon!!!! nos sabedes a alegría que levamos, estamos que non o cremos!

Como xa sabedes, como premio vai vir ó noso cole Bob Esponja de visita!!! ademais de traernos unha placa conmemorativa e uns regaliños...

Por cousas como ésta, é polas que merece a pena o noso traballo e esforzo!!! dámoslle moitísimas grazas á organización. Agora só queda agardar a chamada de Bob, para que nos diga qué día vén.

lunes, 16 de abril de 2012

Aquí temos a explicación!

Candela estivo moi atenta ás nosas dúbidas, e aquí nos envía a resposta! Nós isto xa llo creímos, pero como nosa dixo que os seus ovos iban para o concurso e hoxe falta....irá alá de viaxe? qué misterio!

domingo, 15 de abril de 2012

Ovos de Pascua

Parece que Candela estuvo moi atarefada esta fin de semana. Xa o venres nos contou que andaban preparando uns ovos, pintándoos, e cando lle preguntamos se eran cocidos dixo que non, que os comera nunha tortilla de xamón!jajaja. O caso é que nos dixo que a súa mamá os iba a preparar para unha carreira de ovos que había en Estados Unidos....como nos sonou un pouco raro, pedímoslle que o luns nolo explicara, e aquí nos enviou unhas imaxes nas que podemos ver perfectamente qué andaban argallando...quedaron chulísimos! moito traballaron! noraboa!

Preparamos a decoración primaveral



Como xa veríades, estamos preparando a decoración das ventás. Mirade cánto traballamos!

miércoles, 11 de abril de 2012

Galego, todo o que buscas



Comparto con vós o vídeo dos compañeiros do IES Mosteirón, gañador do premio Correlingua deste ano. Impresionante, sen palabras, precioso!

martes, 10 de abril de 2012

Voltamos das vacacións con sorpresa!

Xa estamos de volta! comezando con moita ilusión o terceiro e último trimestre, como pasa o tempo! pois ben, hoxe, cando saímos ó patio, levámonos unha grata sorpresa! parece que algo verde asoma das nosas macetas...Despois de levar un bo disgusto ó día seguinte de facer a plantación (desfixéronnos as prantas de pementos), parece que algún pequeno vexetal sobreviviu. Temos a esperanza de que sexa o perexil!!!


jueves, 29 de marzo de 2012

Vida sana



Para este segundo trimestre, os nosos amigos de nickelodeon porpuxéronnos traballar sobre os hábitos de vida sana. Mirade cánto aprendimos! fixémolo con moooooita ilusión!

lunes, 19 de marzo de 2012

Tenemos chica nueva en la oficina!

Desde a semana pasada somos un máis no cole! temos unha nova compañeira que se chama Arantxa. Agora xa somos máis chicas! estamos encantados, recibímola con moito agarimo e ela xa está super adaptada!



BENVIDA ARANTXA!!!!