martes, 5 de junio de 2012

Un novo ser que coidar!


Conchi e Olga, as profes das unitarias de Coirós, mandáronnos un regalo moi especial! un cespiño!!(bueno, así lles chama a profe, porque o ano pasado os fixo cos nenos de Vigo). Trátase dun munequiño ó cal, se o coidamos e regamos ben, lle sairá pelo!!! O primeiro que fixemos foi mirar as instruccións na caixa



Despois, fixemos o primeiro paso, empapalo ben empapadiño...




Esperamos un chisquiño....



E, por último, colocámolo no seu recipiente para os próximos días, tendo en conta que o rabiño esté mollándose continuamente.





Temos moooooitas ganas de que lle medre pronto o pelo, para facerlle peiteados!
Moitas grazas profes! acertástedes de cheo co regalo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario