martes, 28 de enero de 2014

SEGUNDA ENTREGA DOS MANDALAS. CON MÚSICA





Aquí tedes a segunda parte, donde incluímos música relaxante...toda unha experiencia!

RELAXÁMONOS COS MANDALAS







Hoxe foi a primeira vez que traballamos con mandalas, os cales axudan á concentración e á relaxación. Tiñamos unha serie de normas, como estar en silencio e colorear das mesmas cores que o modelo (para o cal se fai precisa a concentración). Para axudar a ambientarnos, empregamos incienso, cánto nos gustou!

miércoles, 15 de enero de 2014

TEMOS UNHA GAÑADORA NA ESCOLA!


No primeiro trimestre participamos nun concurso proposto pola Sociedade Coruñesa de Canaricultura, no cal debíamos debuxar un canario. Para iso, vimos varias especies na PDI, falamos un pouquiño sobre eles e despois mans á obra. Pois ben, o último día de cole, chamaron para darnos a gran noticia de que unha alumna da EEI Carnoedo era a gañadora. Resultou ser a nosa compañeira Victoria! nestas navidades tivo que ir buscar o seu premio, que consistiu nunha copa, un diploma e...un canario! Victoria xa nos falou del, cómo o coida, cómo canta, dónde o ten....toda unha experiencia! MOITOS PARABÉNS VICTORIA!


FESTIVAL DE NADAL


O último día de cole antes das vacacións de Nadal, o venres, tivemos unha visita moi especial, os mesmísimos Reis Magos! Nós xa levabamos uns días preparando tal visita, para o cal aprendimos unha bonita panxoliña, "os pitiños buscaron unha estrela". Despois de moitos nervios, xa que moitos de nós estivemos enfermos eses días e non puidemos ensaiar todo o que quixeramos, chegou o gran día. Mirade qué guapos/as estabamos!



Despois na nosa actuación, os Reis trouxeron uns fantásticos regalos para todos, ata para as profes tamén! Moitas grazas Reis! foi un día inolvidable!