martes, 20 de diciembre de 2011

Postres Nadal



Así foi a nosa degustación de produtos típicos do Nadal. Cánto nos gustan estas festas!

Cumple David



Hoxe celebramos, por adiantado, o cumple de David. Mirade qué ben o pasamos! encántanos as festas de cumples! Moitas felicidades David!!!!

Postais de Nadal

Xa tivemos noticias de varias familias que recibístedes a postal que vos enviamos o venres. Gustouvos? estes días estivemos moi caladiños e non vos dixemos nada porque era sorpresa! Por iso veu a carteira o venres á nosa clase, ademais de recoller as nosas cartas para os Reis de Correos. novamente desexamosvos "BO NADAL"!!!

lunes, 19 de diciembre de 2011

Razones para creer en un mundo mejor



Paréceme un anuncio precioso, que transmite perfectamente o sentimento de ilusión que predomina nestas datas. Se todos fósemos nenos/as, non farían falta este tipo de anuncios... serían unha realidade.

Visita da carteira



Aquí podedes ver unha visita que recibimos o pasado venres...

FELICITACIÓN DE NADAL!

Hoxe chegounos ó correo unha felicitación de nadal moi especial, enviounola Candela e a súa familia! Así nos queren desexar a todos un bo nadal:


Moitas grazas familia! Nós tamén vos desexamos unhas felices festas e un próspero Aninovo!

INVITACIÓN

Lembrade que este mércores, día 21, faremos un pequeno festival de Nadal. Dará comezo ás 11.45h, cando chegará a visita real ver a nosa actuación. Despois, degustaremos entre todos unha rica merenda. Estades todos convidados/as!

viernes, 16 de diciembre de 2011

Proposta para a fin de semana

Aquí tedes unha interesante proposta para esta fin de semana!


é unha proposta dos nosos amigos de nickelodeon, os do concurso do aforro da auga!

jueves, 15 de diciembre de 2011

Qué rico o Nadal!!!

Como non podía ser doutro xeito, tamén nesta época do ano temos ricos postres para probar! xa temos na clase o noso recuncho de postres navideños, e nos próximos días imos coñecelos, saber de qué son e como non...saborealos!

Mirade que apetecibles...


Grazas familias!!!

domingo, 11 de diciembre de 2011

O noso boneco de neve

Estes días estivemos facendo un boneco de neve moi particular, xa que está feito con vasos de plástico! Gústavos?



miércoles, 7 de diciembre de 2011

Por fin!

Por fin puidemos empezar a traballar co ordenador! Despois de moito tempo esperando, e despois dalgúns problemiñas (ó final tuvemos que mercar un), xa temos recuncho do ordenador! Estamos moi ilusionados, e queremos xogar con el a todas horas! Imos aprender moitas cousas!

Mateo foi o encargado de inauguralo, mirade:

Comezamos coa decoración navideña...

Esta semana comezamos a adornar a clase con motivo da chegada do Nadal. Temos moito traballo, porque non estamos todos (desde aqui desexamos que Martín se recupere pronto!), así que nos puxemos mans á obra e colocamos a árbore de nadal. Mirade que bonita nos quedou!




Saludos desde Madrid!

Hoy hemos recibido un correo desde Fuenlabrada, Madrid. Era de la familia de David! sus tíos Mª Carmen y Ramón, y sus primos Patricia y Roberto. Nos han felicitado por nuestro trabajo, en especial por nuestro blog, y nos han dedicado unas palabras muuuuuuy bonitas, además de desearnos unas felices fiestas y un próspero año nuevo! Qué ilusión! nos encanta recibir correos así!

Nosotros también os deseamos un feliz 2012 y esperamos que os sigan gustando nuestas aventuras!

Mil besos!!!!

lunes, 5 de diciembre de 2011

Doce sorpresa de Candela!

Hoxe cando miramos o correo, atopámonos cunha doce sorpresa, Candela mandáranos unha foto da súa tarta de cumpreanos do sábado!
A que tiña boa pinta??? ummmmm! grazas Candela!

jueves, 1 de diciembre de 2011