lunes, 16 de marzo de 2015

CORDINADAS CEN POR CEN!!!


Fai uns días, cando estabamos na asemblea, démonos conta que tódalas nenas de libro amarelo viñan vestidas con pantalón rosa. Falarían antes de saír da casa? o que está claro é que estaban guapísimas, e fíxolles ilusión que a profe lles sacase unha fotiño!!!

Viva a vida de cor rosa!!!

SEGUIMOS A APRENDER COAS AMIGAS RUMIANTES

A semana pasada, dentro do proxecto das vacas, seguimos a aprender cousas novas. Esta vez, Adri presentou o seu material, un dos nosos preferidos no recuncho das vacas, unha composición de Lego dunha ordeñadora!!! con el, falamos de cómo se ordeñan as vacas nas fábricas, se é coas mans do granxeiro ou non, por qué meten o leite nun bidón xigante (Miguel explicounos que a poñen moi quente para quitarlle os microbios) e moitas cousas máis...


Grazas Adri!