martes, 26 de noviembre de 2013

Cabaliños, cabaliños...

Coma tódolos martes, hoxe seguimos a investigar sobre os nosos amigos os cabalos. Hoxe tocou o turno de empregar o material de Victoria, Javier e Arantxa.

Javier trouxonos un montón de cabalos. Comparándoos, vimos que algúns deles eran cabalos de tiro (máis gordechos e de patas máis curtas) e outros de salto (todo o contrario, altos e delgados).


Arantxa, pola súa parte, compartiu con nós un conto sobre a vida nas granxas, no que aprendimos un montón de cousas, como que hai cabalos mitolóxicos (os unicornios, dos que xa falamos outro día e os centauros, que nos fixeron moita gracia), que antes os cabalos servían para carretar todo tipo de materiais, que tamén tiraban de bonitas calesas (xa que non había coches), que servían para que os montasen os donos e fosen controlar o gando....e moitas cousas máis!




Despois de facer isto, tódolos martes facemos traballo sobre os cabalos, para ir aprendendo cousas novas. Hoxe, aprendimos o que eran as walkirias, ademais de escoitar a peza musical de ópera relativa a elas e traballamos con unha das obras de cabalos de Picasso. Hai que ver cántas cousas aprendemos grazas ós cabalos!

Moitas grazas familias!

martes, 19 de noviembre de 2013

SEGUINTE ENTREGA DOS CABALOS!


Como tódolos martes, hoxe tocou traballar na investigación dos cabalos. Tivemos unha gran sorpresa, xa que a profe de relixión, Matucha, nos trouxo un caderno precioso de pegatinas!



Moitas grazas profe! encantounos!

Ademais, seguimos a aprender cousas. Esta vez, co material de Yago, que nos trouxo uns cabalos de xoguete e un mini conto ben simpático:



E tamén co material de Suso, o cal nos trouxo tamén un cabalo e un conto. Este conto non foi un conto como os que estamos acostumados a ler, senón que é un conto de Xosé Neira Vilas, polo tanto escrito cunha linguaxe un tanto "antiga", o cal nos sirveu para ver cómo eran os contos das escolas dos nosos papás. Trataba dun neno que quería un cabalo de madeira de buxo.



Moitas grazas familias!

CUMPLE DE GUILLE

lunes, 18 de noviembre de 2013

TRABALLAMOS CON MÚSICA DE FONDO




De todos é sabido que a música amansa ás fieras, e que resulta moi relaxante. Pois ben, ás veces, cando chega o momento de traballar na mesa, a profe nos pon a radio moi baixiña e nos acompaña no noso traballo. Aquí o podedes comprobar, aunque a calidade do son non é moi boa!

MERENDA DE OUTONO

martes, 12 de noviembre de 2013

SEGUIMOS INVESTIGANDO SOBRE OS CABALOS!



Hoxe, como tódolos martes, dedicamos un tempiño a seguir coñecendo moitas cousas sobre os cabalos. Esta vez axudámonos do material que trouxeron Miguel, Guille e Andrés.



Grazas ó conto que trouxo Miguel, coñecemos que o son do cabalo se chama relincho. Qué simpático!


Co material de Guille, seguimos vendo as partes do corpo dos cabalos, e aprendimos para qué serven as ferraduras.



E co material de Andrés, soubemos dónde beben os cabalos, aprendimos que o deporte relacionado con eles é a hípica, que viven en cuadras, comen herba...moitas cousas!

Como vedes, estámonos facendo uns expertos no tema! Moitas graciñas familias!

martes, 5 de noviembre de 2013

BAILE DO CABALO BRANCO


Hoxe estivemos vendo un video relacionado coa investigación dos cabalos. En concreto, un baile dun cabalo andaluz. Para que o poidades disfrutar na casa, aquí vos queda:

http://www.youtube.com/watch?v=EhKxWhKqmEY