martes, 26 de noviembre de 2013

Cabaliños, cabaliños...

Coma tódolos martes, hoxe seguimos a investigar sobre os nosos amigos os cabalos. Hoxe tocou o turno de empregar o material de Victoria, Javier e Arantxa.

Javier trouxonos un montón de cabalos. Comparándoos, vimos que algúns deles eran cabalos de tiro (máis gordechos e de patas máis curtas) e outros de salto (todo o contrario, altos e delgados).


Arantxa, pola súa parte, compartiu con nós un conto sobre a vida nas granxas, no que aprendimos un montón de cousas, como que hai cabalos mitolóxicos (os unicornios, dos que xa falamos outro día e os centauros, que nos fixeron moita gracia), que antes os cabalos servían para carretar todo tipo de materiais, que tamén tiraban de bonitas calesas (xa que non había coches), que servían para que os montasen os donos e fosen controlar o gando....e moitas cousas máis!




Despois de facer isto, tódolos martes facemos traballo sobre os cabalos, para ir aprendendo cousas novas. Hoxe, aprendimos o que eran as walkirias, ademais de escoitar a peza musical de ópera relativa a elas e traballamos con unha das obras de cabalos de Picasso. Hai que ver cántas cousas aprendemos grazas ós cabalos!

Moitas grazas familias!

No hay comentarios:

Publicar un comentario