martes, 12 de noviembre de 2013

SEGUIMOS INVESTIGANDO SOBRE OS CABALOS!



Hoxe, como tódolos martes, dedicamos un tempiño a seguir coñecendo moitas cousas sobre os cabalos. Esta vez axudámonos do material que trouxeron Miguel, Guille e Andrés.



Grazas ó conto que trouxo Miguel, coñecemos que o son do cabalo se chama relincho. Qué simpático!


Co material de Guille, seguimos vendo as partes do corpo dos cabalos, e aprendimos para qué serven as ferraduras.



E co material de Andrés, soubemos dónde beben os cabalos, aprendimos que o deporte relacionado con eles é a hípica, que viven en cuadras, comen herba...moitas cousas!

Como vedes, estámonos facendo uns expertos no tema! Moitas graciñas familias!

No hay comentarios:

Publicar un comentario