jueves, 27 de febrero de 2014

miércoles, 26 de febrero de 2014

O MECO SEGUE A FACER DAS SÚAS!!!



Hoxe, debido ó mandato do meco, estivemos comodísiiiiiiiiiimos no cole, en pixama todo o día!!! Mirade, como recén saídos da cama!




E para mañá....parece que nos deixa liberdade para despedirse!


martes, 25 de febrero de 2014

NOVA ENTREGA DAS ABELLAS!



Coma tódolos martes, hoxe seguimos investigando un pouco máis sobre as abellas. Esta vez grazas ó material de Suso, Leo, Nerea e Miguel.

Suso trouxonos unha abella feita con rollo de papel higiénico similar á de Mateo. Estívonos explicando cómo a fixera e chegamos á conclusión de que se tratou de toda unha actividade de reciclaxe! grazas a ela, repasamos as partes do corpo destes bichiños.



Leo veu voando! compartiu con nós unhas simpáticas alas de abella dun disfraz. Qué ganas tiñamos todos de probalas! con elas lembramos que, aunque pensemos que teñen só dúas, en realidade son catro, pero dúas delas son tan pequerrechas que cae nunca nos damos conta...




Nerea trouxonos un montón de información. Con ela, recordamos cousiñas que xa aprendimos e ademais agora sabemos, por exemplo, que cada abella reina ten 13-18 noivos (os zánganos) que lle axudan a facer os ovos....Ademais, Nerea fixo un mini conto de abellas precioso!



E Miguel veu cun panal con letras maiúsculas!!! fixo unha manualidade preciosa e laboriosa coa súa mamá, un panal con todos os seus ocos hexagonales e tres abelliñas. Con el temos que ter moito coidado para non estropealo, igual que sucede cos de verdade. Chamounos moito a atención a textura e o olor, xa que áinda cheira a pintura! foi unha forma fantástica de ver cómo son os panales, incluso algún de nós pensou que era de verdade, porque ata o momento non viramos ningún.




Moitas grazas familias! estádesnos convertendo en expertos investigadores!


O MÉRCORES O MECO MANDA.....






Polo menos mañá iremos cómodos ó cole! este Meco ten unhas ideas......

lunes, 24 de febrero de 2014

O MECO VOLVEUNOS VISITAR!!!



O venres tivemos unha visita moi especial, que por outra parte, estabamos agardando....volveu o Meco! saímos á entrada do cole e alí estaba!




Menuda sorpresa nos levamos! Lemos o cartel que trouxo, e vimos que para hoxe o mandato era vir con sombreiro.

Mirade qué guapos estabamos:




E para mañá o Meco manda.....




CUMPRE DE MATEO

CUMPRE DE ADRIÁN

jueves, 20 de febrero de 2014

NOVA ENTREGA DAS ABELLAS



Este martes seguimos a traballar na nosa investigación das abellas. Esta vez, co material que trouxo Yago e Mateo.



Yago trouxonos un mini conto sobre as abellas chulísimo! escoitámolo todos con moita atención e cos ollos ben abertos para ver os mini debuxos que trae,jaja. Démonos conta que é da mesma colección de contos do que nos trouxera para a investigación dos cabalos, son preciosos! Ademais, tamén trouxo material feito por él mesmo e a súa familia, en concreto uns debuxos dos tres tipos de abellas, da abella Maya e dunha abella xigante con todo tipo de detalles. Xenial!



Mateo trouxonos un montón de cousas, incluíndo a bolsa donde viñan, tamén a preparou coa súa familia para que fose de abellas! trouxonos un peluche de Maya, unha pequena abella que lle deixou seu irmán Mario, fixo tres manualidades: unha abella co cartón do papel higiénico, unha careta preciosa con cartón e limpiapipas, e varios debuxos. Ademais, trouxonos varios contos: un da colección "ya leo" como o que temos na clase, un de Teo e outro moi antigo que fora do seu papá no que puidemos ver con toda claridade cómo medran as abellas. Fíxonos moita gracia ver que nunha etapa de crecemento se chaman pupas! Estupendo!

Moitas grazas familia pola vosa colaboración. Estadelo facendo xenial!


Pouco a pouco imos enchendo o noso recuncho da investigación. Mirade que bonito está quedando:




Seguiremos informando!

CUMPRE DE LEO

lunes, 17 de febrero de 2014

MUDANZA PROVISIONAL



Estes días estamos en obras na escola. Xa nos puxeron a tarima na clase anexa, e ahí é donde estaremos ata que rematen de colocala na nosa.

Ó principio estabamos algo perdidos, pero ó final da mañá xa tiñamos todo máis á man.






Nós sabemos atoparlle o lado divertido a todo!!! Seguiremos informando.

jueves, 13 de febrero de 2014

INICIAMOS NOVA INVESTIGACIÓN, ESTA VEZ SOBRE AS ABELLAS!



Co novo trimestre chega unha nova investigación. Esta vez queremos saber máis sobre as abellas! Si, eses bichos dos que sabemos que pican, voan e pouco máis...

Novamente, pedimos a colaboración das familias. Para nós é moi importante a vosa axuda, e estaremos moi agradecidos de todo aquelo que nos poidades achegar: noticias, revistas, información, xogos, imaxes, cancións... con cada pequena cousa aprendemos algo máis!

Para dar comezo a esta nova aventura, xa fixemos un dos primeiros pasos, poñer en común as nosas ideas previas:

SHANA: "echan miel en las botellas".

AARON: "regalan miel".

MATEO: "sus alas son transparentes".

ADRIÁN: "pueden volar".

MIGUEL: "tienen colmena".

JAVIER: "si tocan el agua se mueren".

VICTORIA: "cuando pican, el pincho ya no está".

Pois ben, este martes xa comezamos a aprender cousiñas destes insectos. Esta vez foi grazas á aportación da familia de Andrés, Adrián e Javier.



Grazas á información que nos trouxo Andrés, aprendimos un montón de cousas sobre elas: os tres tipos, de dónde proveñen, dónde viven.... ademais, vimos varias imaxes: no panel, en frores....




Coa información de Adrián, seguimos aprendendo moitas curiosidades destes bichiños, aunque o que máis nos chamou a atención é que, ó final do verán, as abellas obreiras matan ós zánganos, xa que eles non colaboran no traballo. Pero qué traballadoras que son! 



E co material de Javier, vimos unha abella de verdade nun momento moi especial, xusto cando se iba pousar nunha flor! e o aínda máis difícil, e que é unha foto de verdade, sacada polo seu papá! está feito un gran fotógrafo. Ademais, trouxonos un xogo que nos encanta no que aprendemos cousas sobre distintos animais, non só abellas.

MOITAS GRAZAS FAMILIAS!!!