jueves, 20 de febrero de 2014

NOVA ENTREGA DAS ABELLAS



Este martes seguimos a traballar na nosa investigación das abellas. Esta vez, co material que trouxo Yago e Mateo.



Yago trouxonos un mini conto sobre as abellas chulísimo! escoitámolo todos con moita atención e cos ollos ben abertos para ver os mini debuxos que trae,jaja. Démonos conta que é da mesma colección de contos do que nos trouxera para a investigación dos cabalos, son preciosos! Ademais, tamén trouxo material feito por él mesmo e a súa familia, en concreto uns debuxos dos tres tipos de abellas, da abella Maya e dunha abella xigante con todo tipo de detalles. Xenial!



Mateo trouxonos un montón de cousas, incluíndo a bolsa donde viñan, tamén a preparou coa súa familia para que fose de abellas! trouxonos un peluche de Maya, unha pequena abella que lle deixou seu irmán Mario, fixo tres manualidades: unha abella co cartón do papel higiénico, unha careta preciosa con cartón e limpiapipas, e varios debuxos. Ademais, trouxonos varios contos: un da colección "ya leo" como o que temos na clase, un de Teo e outro moi antigo que fora do seu papá no que puidemos ver con toda claridade cómo medran as abellas. Fíxonos moita gracia ver que nunha etapa de crecemento se chaman pupas! Estupendo!

Moitas grazas familia pola vosa colaboración. Estadelo facendo xenial!


Pouco a pouco imos enchendo o noso recuncho da investigación. Mirade que bonito está quedando:




Seguiremos informando!

No hay comentarios:

Publicar un comentario