jueves, 13 de febrero de 2014

INICIAMOS NOVA INVESTIGACIÓN, ESTA VEZ SOBRE AS ABELLAS!



Co novo trimestre chega unha nova investigación. Esta vez queremos saber máis sobre as abellas! Si, eses bichos dos que sabemos que pican, voan e pouco máis...

Novamente, pedimos a colaboración das familias. Para nós é moi importante a vosa axuda, e estaremos moi agradecidos de todo aquelo que nos poidades achegar: noticias, revistas, información, xogos, imaxes, cancións... con cada pequena cousa aprendemos algo máis!

Para dar comezo a esta nova aventura, xa fixemos un dos primeiros pasos, poñer en común as nosas ideas previas:

SHANA: "echan miel en las botellas".

AARON: "regalan miel".

MATEO: "sus alas son transparentes".

ADRIÁN: "pueden volar".

MIGUEL: "tienen colmena".

JAVIER: "si tocan el agua se mueren".

VICTORIA: "cuando pican, el pincho ya no está".

Pois ben, este martes xa comezamos a aprender cousiñas destes insectos. Esta vez foi grazas á aportación da familia de Andrés, Adrián e Javier.



Grazas á información que nos trouxo Andrés, aprendimos un montón de cousas sobre elas: os tres tipos, de dónde proveñen, dónde viven.... ademais, vimos varias imaxes: no panel, en frores....




Coa información de Adrián, seguimos aprendendo moitas curiosidades destes bichiños, aunque o que máis nos chamou a atención é que, ó final do verán, as abellas obreiras matan ós zánganos, xa que eles non colaboran no traballo. Pero qué traballadoras que son! 



E co material de Javier, vimos unha abella de verdade nun momento moi especial, xusto cando se iba pousar nunha flor! e o aínda máis difícil, e que é unha foto de verdade, sacada polo seu papá! está feito un gran fotógrafo. Ademais, trouxonos un xogo que nos encanta no que aprendemos cousas sobre distintos animais, non só abellas.

MOITAS GRAZAS FAMILIAS!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario