martes, 25 de febrero de 2014

NOVA ENTREGA DAS ABELLAS!



Coma tódolos martes, hoxe seguimos investigando un pouco máis sobre as abellas. Esta vez grazas ó material de Suso, Leo, Nerea e Miguel.

Suso trouxonos unha abella feita con rollo de papel higiénico similar á de Mateo. Estívonos explicando cómo a fixera e chegamos á conclusión de que se tratou de toda unha actividade de reciclaxe! grazas a ela, repasamos as partes do corpo destes bichiños.



Leo veu voando! compartiu con nós unhas simpáticas alas de abella dun disfraz. Qué ganas tiñamos todos de probalas! con elas lembramos que, aunque pensemos que teñen só dúas, en realidade son catro, pero dúas delas son tan pequerrechas que cae nunca nos damos conta...




Nerea trouxonos un montón de información. Con ela, recordamos cousiñas que xa aprendimos e ademais agora sabemos, por exemplo, que cada abella reina ten 13-18 noivos (os zánganos) que lle axudan a facer os ovos....Ademais, Nerea fixo un mini conto de abellas precioso!



E Miguel veu cun panal con letras maiúsculas!!! fixo unha manualidade preciosa e laboriosa coa súa mamá, un panal con todos os seus ocos hexagonales e tres abelliñas. Con el temos que ter moito coidado para non estropealo, igual que sucede cos de verdade. Chamounos moito a atención a textura e o olor, xa que áinda cheira a pintura! foi unha forma fantástica de ver cómo son os panales, incluso algún de nós pensou que era de verdade, porque ata o momento non viramos ningún.




Moitas grazas familias! estádesnos convertendo en expertos investigadores!


No hay comentarios:

Publicar un comentario