martes, 27 de mayo de 2014

QUÉ INTERESANTE É O UNIVERSO NO QUE VIVIMOS!



Hoxe, coma tódolos martes, seguimos a investigar sobre o universo. Foi o turno do material de Javier e Nerea.

Javier fixo, axudado da súa nai, un precioso xogo sobre os planetas. Fixeron os nove planetas, coloreáronos, plastificáronos e puxéronlle velcro, de xeito que agora podemos xogar a memorizar o seu lugar e volver a colocarlos. Mirade qué chulo:



Nerea e a súa familia trouxeron unha morea de cousas. Estivemos mirando imaxes, ademais de ler un conto no cal aprendimos que hai varios universos, outro que trataba sobre os planetas e os xiros que fai a Terra, e por último unha poesía que seguía a ser unha fonte riquísima de información. Mirade:



Moitas grazas familias! estádelo facendo coma sempre, estupendamente!!!

jueves, 22 de mayo de 2014

NOVA ENTREGA DA INVESTIGACIÓN!!!



Esta semana seguimos a investigar sobre os planetas. Esta vez axudámonos do material que trouxo Mateo, Victoria e Yago.

Mateo fíxonos unha estupenda maqueta-planetario, no cal aprendimos a orde dos planetas, sabemos que a Terra é o terceiro planeta en cercanía co Sol, cál é o máis grande, cál ten anel, qué son as órbitas...... foi toda unha manualidade feita en familia alá no Grove! Ademais, trouxonos varios contos, un debuxo dos planetas feito por el mesmo e un marcianiño!



Con Victoria seguimos a falar da orde dos planetas, e ademais aprendimos que a Terra ten varias capas, e que para chegar ó centro dela teriamos que escavar máis de 6000km!!!!

Yago, pola súa parte, tamén fixo un planetario, éste feito con revistas e moita cor. Ó igual que o de Mateo, quedou precioso! aprendimos que os últimos estudiosos din que hai un décimo planeta, sedna. NOn vexades en qué debate entramos co tema.... estas familias están feitas unhas artistas!!!



Moitas grazas familias!!!

CAMA-COLUMPIO DE LEO







Fai uns días, Leo falounos da súa cama-columpio. Como a profe tiña moita curiosidade, preguntoulle á súa nai cómo era, e Nati enviounos este video para que a poidamos ver. Trátase dunha cama personalizada, que fixo o papá de Leo! Cánta imaxinación!!! agora todos queremos probala....



Grazas familia por compartila con nós!

martes, 13 de mayo de 2014

COMEZAMOS CO PROXECTO!!!



Hoxe comezamos a empregar o material que ides traendo sobre o Universo. Tocoulle o turno a Leo, Adrián e Andrés.

Leo trouxo un atlas sobre o espacio precioso, no cal aprendimos (e nos queda por aprender) infinidade de cousas: que son os planetas, cáles son, qué é a lúa e o sol, os meteoritos.... non podemos resumir todo!



Adrián, pola súa parte, fixo un bonito debuxo do que aprendeu investigando na súa casa:



Andrés axudounos a seguir informándonos grazas ó seu traballo. Falamos sobre a gran explosión que din que produxo o Universo, o Big Bang!!! ademais de outras curiosidades...




Moitas grazas familias! seguide así que o estades facendo moi ben!

BISCOITO REGALADO, BISCOITO PAPADO

CONTACONTOS E VISITA DAS UNITARIAS