martes, 13 de mayo de 2014

COMEZAMOS CO PROXECTO!!!



Hoxe comezamos a empregar o material que ides traendo sobre o Universo. Tocoulle o turno a Leo, Adrián e Andrés.

Leo trouxo un atlas sobre o espacio precioso, no cal aprendimos (e nos queda por aprender) infinidade de cousas: que son os planetas, cáles son, qué é a lúa e o sol, os meteoritos.... non podemos resumir todo!



Adrián, pola súa parte, fixo un bonito debuxo do que aprendeu investigando na súa casa:



Andrés axudounos a seguir informándonos grazas ó seu traballo. Falamos sobre a gran explosión que din que produxo o Universo, o Big Bang!!! ademais de outras curiosidades...




Moitas grazas familias! seguide así que o estades facendo moi ben!

No hay comentarios:

Publicar un comentario