martes, 4 de junio de 2013

A LAVAR AS MANS!



Estes días estivemos falando da importancia de lavar as mans antes de comer. Pero como para crer hai que ver, fixemos un pequeno experimento. Consiste en meter dous pedazos de mazá en dous botes de cristal pechados. Nun, un pedaciño de mañá que tocamos previamente coas mans lavadas, no outro, o mesmo cun pedazo tocado por nós mesmos antes de lavar as mans. Aquí están as imaxes:



Ó principio a maioría de nós non vía a diferencia dunhas mans a outras, porque non andiveramos no areeiro nin nada parecido, "simplemente" fixeramos a ficha, xogaramos nos rincóns... non críamos á profe que nos decía que nas nosas aparentemente "limpias" mans había bacterias. Pois mirade o que nos atopamos tan só unha semana despois de comezar co experimento:


Agora xa nos vamos pensar un pouquiño máis o de lavar as mans antes de comer!