jueves, 21 de marzo de 2013

Arantxa e o equilibrio



Esta semana, o día que a Arantxa lle tocou o rincón dos puzzles, aproveitou para mostrarnos a súa capacidade para facer construccións en equilibrio. Mirade vaia estrutura!





Esto é paciencia, pulso e equilibrio e o demais son tonterías! Bravo!!!

lunes, 18 de marzo de 2013

Video de Yago



Aquí podedes ver o bonito video que nos enviou Yago. Eu vexoo moi ben! Alégrome Yago! se todo vai ben, o xoves ou venres xa volve ó cole! Temos ganas de verte!






Un chucho



.http://www.youtube.com/watch?v=0xUTcdXyVHE

Novas de Yago!



Acabo de recibir unha grata sorpresa en forma de correo electrónico, Yago mandounos un saludo en forma de fotos e de video!

Encántame ver o ben que está xa, e qué ben o está a pasar na casa... menudo recuncho da arte lle teñen preparado na casa! qué marabilla! Mirade:


 
 
Estou desexando que chegue mañá para ensinarllo ós pícaros, estou segura de que lles vai encantar!
 
Un montón de chuchos Yago!

jueves, 14 de marzo de 2013

Relaxámonos coa radio




Unha das cousas que máis nos gusta é poñer a radio mentres traballamos. Esto conseguímolo cando nos portamos ben. Hoxe, mentres faciamos unha actividade, foi unha desas ocasións. Mirade...

jueves, 7 de marzo de 2013

A TRANQUILIDADE CHEGA A CARNOEDO



Esta semana está sendo moi atípica. Parece ser que o virus da gripe está a facer estragos nos nosos pícaros, polo que, desde o luns, estamos moi poucos no cole. Eso fai que teñamos moita tranquilidade, incluso minutos de silencio. Pero nós botamos moito de menos ós nosos compañeiros/as e estamos desexando que volvan. Recupéradevos pronto chicos/as!


(Polo visto blogger tamén está de baixa, jajaja, non nos deixa subir nin compartir o video. Pinchade no enlace, levaravos a él en you tube).

http://www.youtube.com/watch?v=9VvlSc9UaMk&feature=youtu.be

lunes, 4 de marzo de 2013