miércoles, 15 de enero de 2014

TEMOS UNHA GAÑADORA NA ESCOLA!


No primeiro trimestre participamos nun concurso proposto pola Sociedade Coruñesa de Canaricultura, no cal debíamos debuxar un canario. Para iso, vimos varias especies na PDI, falamos un pouquiño sobre eles e despois mans á obra. Pois ben, o último día de cole, chamaron para darnos a gran noticia de que unha alumna da EEI Carnoedo era a gañadora. Resultou ser a nosa compañeira Victoria! nestas navidades tivo que ir buscar o seu premio, que consistiu nunha copa, un diploma e...un canario! Victoria xa nos falou del, cómo o coida, cómo canta, dónde o ten....toda unha experiencia! MOITOS PARABÉNS VICTORIA!


No hay comentarios:

Publicar un comentario