miércoles, 15 de enero de 2014

FESTIVAL DE NADAL


O último día de cole antes das vacacións de Nadal, o venres, tivemos unha visita moi especial, os mesmísimos Reis Magos! Nós xa levabamos uns días preparando tal visita, para o cal aprendimos unha bonita panxoliña, "os pitiños buscaron unha estrela". Despois de moitos nervios, xa que moitos de nós estivemos enfermos eses días e non puidemos ensaiar todo o que quixeramos, chegou o gran día. Mirade qué guapos/as estabamos!



Despois na nosa actuación, os Reis trouxeron uns fantásticos regalos para todos, ata para as profes tamén! Moitas grazas Reis! foi un día inolvidable!


No hay comentarios:

Publicar un comentario