lunes, 14 de febrero de 2011

Bailamos co mundo animal



Como xa sabedes, seguimos traballando os animais. Hoxe tocounos aprender a clasificalos. Para iso, a profe puxo no chan unhas marcas con xiz, unha para cada clase: mamíferos, acuáticos, aves... mentres soaba a música, bailabamos libremente, pero cando paraba e a profe nos dicía un animal, tiñamos que pensar de qué clase era e ir á súa marca... Cánto aprendimos xogando e bailando!

2 comentarios:

  1. Unha idea xenial a do blogue, ademais do importante que é para os nen@s un estímulo e motivación,como neste caso, a través da interdisciplinariedade con outras áreas, podemos ver como aprenden e se divirten, parabéns aos nen@s e mestra... e seguir ensinando cousas do voso día a día.

    ResponderEliminar