jueves, 17 de febrero de 2011

Lembramos a Rosalía

Como xa sabedes, a nosa amiga Rosalía xa non vén ó noso cole, posto que se mudou de casa e tamén de colexio. Moitas veces lembrámonos dela con agarimo, e fai uns días, cando estabamos no patio, varios dos nenos/as chamáronme con moita efusividade. Resulta que atopamos unha pinza do pelo de Rosalía nunha alcantarilla! Os nenos/as dixéronme que lla tiñamos que devolver, e ocurriusenos enviarlla por carta. Claro, non íamos desaproveitar esta ocasión para mandarlle algún detalliño máis, e fixemos cada un de nós un debuxo, ademais dunha pequena carta na que cada un escribiu o que lle quixo dicir e unha foto de grupo. Esperamos que lle guste e que se acorde de nós!




2 comentarios:

  1. e unha idea maravillosa!!! a min encantariame recivir unha carta asi, ata me emocionaria!!!

    ResponderEliminar
  2. pois ojalá con ela pase o mesmo!!! esperamos que lle chegue, que non haxa ningún problema co carteiro!!!jajaja

    ResponderEliminar