martes, 1 de febrero de 2011

Fun ó mercado



Imos comezar a traballar nun proxecto sobre os animais. Aprenderemos a súa clasificación, características, costumes... Por iso, hoxe estivemos recordando unha canción que aprendimos o curso pasado dun animaliño, (concretamente un insecto), unha traste formiguiña que anda a facer das súas polos nosos corpos... Esperamos que vos guste!

Póñovos a letra para poder seguila mellor:
Fun ó mercado a mercar champán (bis)
e unha formiguiña subiume pola man (bis)
eu sacudín, sacudín, sacudín (bis)
pero a formiguiña non paraba de subir(bis).

Fun ó mercado a mercar café (bis)
e unha formiguiña subiume polo pé (bis)
eu sacudín, sacudín, sacudín (bis)
pero a formiguiña non paraba de subir (bis).

Fun ó mercado a mercar maíz (bis)
e unha formiguiña subiume polo nariz (bis)
eu sacudín, sacudín, sacudín (bis)
pero a formiguiña non paraba de subir (bis).

Fun ó mercado a mercar limón (bis)
e unha formiguiña subiume polo codo (bis)
eu sacudín, sacudín, sacudín (bis)
pero a formiguiña non paraba de subir (bis)

Fun ó mercado a mercar champú (bis)
e unha formiguiña subiume polo cú (bis)
eu sacudín, sacudín, sacudín (bis)
pero a formiguiña no paraba de subir (bis)

3 comentarios:

  1. Moi bó traballo ... estes nenos son uns artistas

    ResponderEliminar
  2. gracias!! a verdade é que saiu moooooi ben para ser feito coa présa que foi, nos últimos minutos da clase, e con só un ensaio! cada día estou máis convencida de que a súa improvisación é inmellorable! e non vexas a cara de felicidade ó verse hoxe cando lles puxen o video! eso é o mellor!

    ResponderEliminar
  3. mui bonitiño a queria poñre e me saliu este blog...grazas

    ResponderEliminar