jueves, 27 de enero de 2011

Día da Paz



Como xa sabedes, mañá imos celebrar o día da paz. Entre tódolos cursos do cole, estivemos traballando varios conceptos, e, como xa vos dixemos, a nós tocounos o amor. Fixemos unha caixa forrada con imaxes representativas do amor e a verdade é que nos quedou chulísima! poñereivos fotos en breve. Aproveito para darvos as grazas ás familias que colaborastedes traendo imaxes, traballástedes moito! E, como non, este ano tamén teremos chocolatada! ummmm! hoxe xa se nos facía a boca auga... tedes preparadas as tazas?

No hay comentarios:

Publicar un comentario