domingo, 25 de enero de 2015

EMPEZAMOS A SABER COUSIÑAS DAS VACAS

Este martes foi o primeiro día para investigar sobre as vacas, todo grazas á colaboración das familias, que xa nos están axudando a encher o noso recuncho do proxecto. Esta vez, axudámonos do material de Suso, Javier e Lucía.

No caso de Suso, trouxo dúas cousas: un conto e unha manualidade. O conto trata, como non, sobre as vacas! vimos que había un toro que tiña unha especie de anel no fociño, aprendemos para qué é e quén é o toro. Coa manualidade que fixo coa súa mamá, aprendimos cómo é a cabeza dunha vaca...


Javier, pola súa parte, veu cargado de información das vacas autóctonas galegas, trouxo tamén un quebracabezas e máis dúas vacas de xoguete máis un becerro. Coa información, aprendimos que tres das razas galegas son a cachena, a limiá e a caldelá. A que máis nos chamou a atención foi a cachena, porque é a máis pequena de corpo pero a que ten os cornos máis grandes! cos bonecos xa fomos vendo quén é o becerro, aprendimos que é a cría da vaca. Dentro dos folletos temos moita información que iremos desmenuzando co paso dos días.


No caso de Lucía, sorprendeunos cunha misteriosa caixa... ela xa nos dixo de antemán o día anterior que estaba secando, e que o fixera coa súa mamá...tiñamos moita intriga! pois ben, cando a abrimos, atopamos unha notiña para nós dónde nos contaba que se trataba duns quebracabezas e que só se os faciamos veriamos qué tiñan que ver coas vacas. Así que...nos puxemos mans á obra e...adivinades cal foi o resultado? mirade...






Moitas grazas familias! estádenos servindo de gran axuda!

No hay comentarios:

Publicar un comentario