lunes, 9 de febrero de 2015

SEGUIMOS APRENDENDO COAS VACAS

Despois dun pequeno parón nas publicacións no blog, é hora de ensinarvos máis cousiñas. Nuria trouxonos, nada más ni nada menos, que...dous xugos! e un deles era tan grande que nin o podiamos coller! aprendimos para qué se utilizaba, e puidemos ver que os hai individuais ou para dúas vacas...tamén trouxo as cordas que se lle poñen ás vacas, entendimos que sen elas non poderiamos tirar polas vacas! e sorprendeunos cunhas fotos en branco e negro da súa avoa, cando era moi noviña, traballando cunhas vacas, fantástico!




Pola súa parte, Noa fixo unha fantástica reproducción dunhas vacas nun prado! ten ata productos lácteos, un bidón de leite e un queixo! ademais, as vacas non están solas, teñen unha cría, que xa sabemos que se chama becerro...


Ainhoa colaborou cun calendario, grazas ó cal falamos das carnicerías, de cómo se produce a carne e si a comemos ou non...aínda non estamos moi seguros de si nos gusta ou non. Na foto, vimos cómo mama un becerro, e aprendimos que son animais mamíferos.


Andrés veu cargado cun conto e cun peluche de vaca! co conto, falamos sobre as granxas, si tódalas vacas viven en granxas ou non, quén as coida...e co peluche, lembramos as razas que coñecimos ata o momento, xa que non todas teñen a mesma cor de pelo...


Ademais, Nuria e Leo trouxeron o mesmo obxecto, pero de dintinto tamaño, relacionado coas vacas, un bidón de leite! gustáronnos moito, quixemos collelos, mirar se tiñan leite dentro...aprendimos que pesan pouco para que, unha vez metido o leite, non se fagan moi pesados, vimos que o de Leo era tan antigo (xa era da tataravoa da súa nai) que tiña a marca de dar golpes coa asa, vimos que son de forma circular...pasámolo xenial!!


MOITAS GRAZAS FAMILIAS! ESTÁDESNOS AXUDANDO MOITO!




No hay comentarios:

Publicar un comentario