lunes, 9 de febrero de 2015

LEVAMOS A PAZ Á CASA

Esta semana dedicámonos a facer cousiñas para conmemoralo Día da Paz. Aunque con retraso, pero tódolos días son bos para tal cousa. O xoves decidímonos a facer un postre moi especial, trátase dunhas boliñas feitas con améndoas, virutas de chocolate, coco, galleta e un ingrediente secreto, o ingrediente da paz. Quixemos facelas para levarllas ós nosos papás/mamás e así que eles fagan a paz. Como o xoves a masa non endureceu o suficiente, finalmente levámolas o venres...estamos seguros que agora tódolos papis saben facer a paz!






No hay comentarios:

Publicar un comentario