jueves, 16 de febrero de 2017

XOGAMOS COAS LETRAS

Por qué as letras só van estar no papel para ler? iso sería moi aburrido! nós atopámoslles moitos usos, e un deles é o xogo. O do outro día consistía en que tiñamos varias pezas do puzzle de letras, escoitabamos música, e cando paraba, revisabamos a ver si tiñamos algunha letra da palabra do encerado (nomes significativos para nós, como o da encargada ou o de Manchitas). Si a tiñamos, saíamos correndo a poñela debaixo. Pero coidado! ás veces a profe fai trampa! nese caso, tiñamos que levantar a letra que "cantou" a profe, pero quedarnos no sitio. Para que vos fagades unha idea, queríamos máis e máis nomes!






Outro dos xogos consistía en que dentro dos aros tiñamos escritas as iniciais dos nosos nomes. Ó parar a música, tiñamos que ir correndo á inicial do neno que "cantara" a profe. 





Traballar coas letras é moi divertido!

1 comentario:

  1. ¡ Pero que bien os lo pasais! Yo quiero volver a estudiar😢😢😢😢😢😢

    ResponderEliminar