lunes, 15 de febrero de 2016

SOMOS BATMAN, BUSCAMOS A PAZ

Hoxe xogamos a un novo xogo, o de Batman. Nel, todos eramos Batman, (para identificarnos levabamos posta unha muñequeira negra), salvo un de nós que era o malvado. Pois ben, mentres sonaba a música da banda sonora de Batman (a do desfile) paseabamos pola clase, e cando a música paraba, todos tiñamos que ir correndo á nosa Batcueva (uns aros dispostos polo chan). O malvado tiña que cazar a un Batman que non se dera agochado a tempo na Batcueva e, os demais, tiñamos que ir salvalo. Como? pois ese foi o gran apredizaxe e á vez a gran dificultade, xa que todos queriamos quitarlle ó noso amigo pola forza e a berros, pero non, así non podía ser!!! tiñamos que solucionala falando, negociando co malvado. Os malvados de hoxe foron moi bos, pediron a cambio bicos e apertas, a ver os dos seguintes días...





3 comentarios:

  1. Vaya forma mas original de aprender a solucionar los problemas. Y que divertido!!!!!

    ResponderEliminar
  2. Pois parece que lles gustou, máis ben que lles chifla. Todos os días queren xogar a Batman...iremos aprendendo a solucionar conflictos mentres xogamos, ojalá estes aprendizaxes pervivan por moito tempo neles...

    ResponderEliminar
  3. Ojala que tengas razon,porque los conflictos cada vez son mas dificiles y mas dificiles de solucionar

    ResponderEliminar