jueves, 18 de febrero de 2016

O TREN DA FELICIDADE

Hoxe a nosa compi Valeria trouxonos ó cole un misterioso regaliño. No seu turno da asemblea presentóunolo: un tren, pero non un tren calquera, senón o "tren da felicidade". Explicounos que os vagóns somos nós, os nenos e nenas de Carnoedo, e que si un vagón está triste, os demais tamén, por eso non poden seguir andando, e si todos estamos contentos, o tren pode seguir camiño. Bonito verdade?




Decidimos quedar uns días con el no cole, por suposto, co permiso de Valeria, a cal foi moi xenerosa e dixo que sí, que ó velo decidiu que sería para a escola e por eso nolo trouxo...

Moitas grazas Valeria!!! levaremos a felicidade alá a donde cheguemos!

2 comentarios: