lunes, 4 de diciembre de 2017

CONOCEMOS A CANTARÍN

Hoxe tivemos unha visita especial na escola, Ava trouxo a súa nova mascota, o canario Cantarín! como sabredes, participamos no Concurso de debuxo da Sociedade Coruñesa de Canaricultura e Ava resultou ser gañadora. Déronlle un trofeo, un diploma, un cómic e o máis importante, un precioso canario ó que chama Cantarín. Nos contou que canta moito, que o teñen que tapar para que durma polas noites, que lle vai pedir ós Reis Magos unha xaula máis ampla...infinidade de cousas. Mirade qué fermoso é:



Por suposto, presentámoslle á nosa mascota, Manchitas, o cal é moi curioso e se acercou moito moito!




Moitas grazas Ava!

No hay comentarios:

Publicar un comentario