jueves, 14 de abril de 2011

OS NOSOS BROCHES

Como lembraredes, no entroido utilizamos esa tea tan suaviña chamada fieltro. Pois ben, como a nós gústanos reciclar, e quedáronnos uns cachiños, pensamos que poderiamos facer uns broches e...puxémonos mans á obra! a verdade é que non foi nada sinxelo, porque é moi difícil de recortar! a profe axudounos collendo a tea por un lado (bueno, a algúns, porque outros ben poderiamos ser modistos e modistas!) e despois só tivemos que pegar as pezas e poñerlle por detrás un imperdible. Qué contentos/as nos fomos hoxe para a casa lucíndoos nas nosas camisetas! gústanvos?


2 comentarios:

  1. laura:André viña todo emocionao co broche

    ResponderEliminar
  2. claro! non era para menos! quedáronlles xenial!ahora a presumir deles,jajaja

    ResponderEliminar