Como lembraredes, no entroido utilizamos esa tea tan suaviña chamada fieltro. Pois ben, como a nós gústanos reciclar, e quedáronnos uns cachiños, pensamos que poderiamos facer uns broches e...puxémonos mans á obra! a verdade é que non foi nada sinxelo, porque é moi difícil de recortar! a profe axudounos collendo a tea por un lado (bueno, a algúns, porque outros ben poderiamos ser modistos e modistas!) e despois só tivemos que pegar as pezas e poñerlle por detrás un imperdible. Qué contentos/as nos fomos hoxe para a casa lucíndoos nas nosas camisetas! gústanvos?
laura:André viña todo emocionao co broche
ResponderEliminarclaro! non era para menos! quedáronlles xenial!ahora a presumir deles,jajaja
ResponderEliminar