miércoles, 6 de abril de 2011

Falamos doutro xeito!


Fai uns días, viñeron dúas persoas moi especiais, xa que nos ensinaron unha nova forma de comunicarnos, con linguaxe de signos!Contáronnos un conto, pero nesta linguaxe. Ó principio, costounos entender que non podiamos aplaudir do mesmo xeito, xa que o rapaz xordo así non nos entendía, nin podiamos falar coa nosa voz, senón que tiñamos que dirixirnos á rapaza, a intérprete, que era a encargada de transmitirlle o que lle queriamos dicir. Finalmente, ensinounos a dicir nesta nova linguaxe o nome do noso animal favorito. Qué ben o pasamos! Agora só nos queda practicar... Moitas grazas pola vosa visita!

1 comentario:

  1. Moitas grazas por escribir e encántanos que che guste. Sigue visitándonos. Nós xa te temos controlada. Un bicazo

    ResponderEliminar